Gran experiencia na “I Xuntanza de Rugby Inclusivo en Compostela”

27/06/2022

O sábado 25 deste mes persoas usuarias de Sarela participaron xunto con outras de Down Compostela, Fundación Abrente e Asociación ASPAS na I Xuntanza de Rugby Inclusivo en Compostela. Organizada pola Asociación Valentes-Club Deportivo Lobos, o seu obxectivo principal crear un espazo de participación deportiva inclusiva no entorno comunitario a partir do rugby.

A xornada desenvolveuse, de forma aberta e gratuíta, no campo de fútbol da Mercé de Conxo e rematou cun merecido xantar de convivencia de todas as persoas participantes, voluntarias/os, colaboradores/as etc. Valentes organizou a actividade co obxectivo de ofrecer un espazo de crecemento e mellora individual e social e achegar o deporte á cidadanía que atopa barreiras de participación igualitarias na comunidade, empregando o rugby como ferramenta de inclusión e mellora.

O método que se empregou para esta primeira xornada de rugby inclusivo foi o “mixed ability rugby”. Esta metodoloxía pretende ofrecer un espazo de inclusión, mellora física e avance social mediante o rugby. Para isto, no “mixed ability rugby” non existen modificacións respecto as normas “World Rugby” e leva a cabo a súa actividade tanto con persoas con como sen discapacidade de forma igualitaria”.

O obxectivo principal desta primeira xornada foi ofrecer un espazo de participación deportiva inclusiva no entorno comunitario empregando o rugby como vía facilitadora. Así pois, a diversidade de corpos, habilidades e identidades foi a chave desta diversidade e a participación plena das/dos xogadoras/es a clave da inclusión.

 

 

Categorías: Discapacidade
Tags: deporte
Compartir en:

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Aceptar todas Configurar Cookies Máis información