Xornada “Trazando Camiños”: oportunidades e aprendizaxes arredor da orientación laboral especializada en persoas con dano cerebral adquirido

22/05/2024

O vindeiro 20 de xuño, Sarela e Daño Cerebral Estatal (antes FEDACE) organizan esta xornada para reflexionar e poñer en común experiencias de inclusión sociolaboral no terceiro sector co obxectivo de crear ferramentas e estratexias para mellorar as taxas de emprego das persoas con Dano Cerebral. Celebrarase na Cidade da Cultura entre as 9:00 e as 14:30 horas e a inscrición xa está aberta.

A xornada consta de tres mesas redondas nas que participarán profesionais do ámbito da orientación sociolaboral, representantes de empresas e institucións, e persoas con dano cerebral para describir a situación actual e analizar experiencias de éxito e boas prácticas no ámbito da discapacidade extrapolables ao ámbito do Dano Cerebral. 

A inscrición xa está aberta a través do seguinte formulario (https://forms.gle/f89xoSKhzoQFvwJW6e na web www.sarela.org/trazando-camiños manterase o programa actualizado.  

Os datos en relación á situación laboral das persoas con DCA indican que só o 13% destas persoas declaran ter traballo cando antes da lesión o tiñan o 71%. Os estudios sobre calidade de vida tamén conclúen que o 58% das persoas con Dano Cerebral perciben que a súa situación laboral deteriorouse e que se suma ao empeoramento do estado de saúde, benestar emocional, relacións sociais etc.

Datos coma estes son os que levaron ao movemento asociativo do dano cerebral a afrontar con determinación facer efectivo o dereito de todas as persoas con dca ao emprego. Sarela na actualidade conta entre os seus servizos o de Orientación Laboral. O seu obxectivo é acadar a inserción laboral desde a atención individualizada e o acompañamento. Este servizo forma e orienta á persoa na busca de emprego e traballa directamente coas empresas buscando oportunidades de emprego e as asesora na adaptación do posto de traballo e funcións a desenvolver pola persoa con DCA.

Pola súa banda, Daño Cerebral Estatal (a Federación Española de Daño Cerebral) iniciou hai anos o seu Plan integral de emprego para persoas con Dano Cerebral. En base a esta iniciativa, entre outras accións, realízanse estudios, impártese formación ás entidades e en 2022 púxose en marcha a  plataforma online "FEDACE Empleo", que busca impulsar o talento laboral das persoas con DCA e axudalas a acceder a un posto de traballo.

Precisamente, a xornada “Trazando Camiños” é un dos dous encontros estatais que se encadran no Plan integral de emprego para persoas con Dano Cerebral de Daño Cerebral Estatal e que contan coa colaboración e financiamento do grupo Gransolar

LUGAR E HORARIO

20 de xuño de 9:00 a 14:00 horas.

Cidade da Cultura (Edificio CINC). Santiago de Compostela

PROGRAMA

9:00 h. Acreditacións

9:30 h. Apertura da xornada a cargo de Luciano Fernández, secretario de Sarela e presidente de FEGADACE e CERMI Galicia e José Sanz, director xerente de Dano Cerebral Estatal.

 

10:00 h. Mesa redonda | O camiño do dano cerebral cara a inclusión sociolaboral.

 

  •  Noelia Parente, orientadora laboral de Sarela.
  • Beatriz Fernández, coordinadora do programa laboral e ocupacional de ADACEA (Asoc. de Daño Cerebral de Alicante).
  • Vicente Maneiro, persoa con dano cerebral e insertada laboralmente.
  • Isidro Pernas, xerente do centro especial de emprego Problis Envasados S.L.U, e Ana Quintana, neuropsicóloga e responsable da unidade de apoio.

Modera: Rocío García, psicóloga-neuropsicóloga e directora de Sarela.

11:00 h. Pausa café

11:30 h. Mesa redonda | Percorridos realizados polo terceiro sector na inclusión de colectivos con dificultade de inserción.

  • Pilar Míguez, orientadora laboral de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade)
  • Francisco José Rey, técnico de orientación laboral de FADEMGA Plena Inclusión Galicia na cidade da Coruña.
  • Xosé Cuns, director de EAPN-Galicia (Rede galega contra a pobreza).
  • Area López, técnica de atención integral de Saúde Mental FEAFES Galicia.
  • Sandra Mujico, orientadora laboral de Inserta Emplea (Fundación ONCE).
  • Teresa Rodríguez. orientadora laboral da Asociación Plataforma polo Emprego.

Modera: Noelia Parente. Orientadora laboral de Sarela

12:45 h. Mesa redonda | O impulso da inclusión sociolaboral desde as institucións públicas.

  • Adolfo Pena, responsable do Servizo de emprego municipal do Concello da Estrada
  • Jose Manuel Pazó, orientador laboral do Concello de Porto do Son
  • Maria Dolores Otero, xefa de servizo de orientación laboral da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación.
  • María José Alonso, xefa de sección do Servizo de orientación laboral da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Modera: Leticia Vila. Técnica de formación de FEGADACE

14:00 h.

  • Conclusións a cargo de Montse Terceiro, membro do grupo de primeira persoa de Sarela.
  • Peche a cargo de Marta Mariño Regueiro, Directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
Tags: FEDACE, emprego

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información