Novas

  • Un ano máis, e van quince, Sarela celebra o martes 26 de outubro o Día do Dano Cerebral Adquirido. Este ano recuperamos como acto principal a andaina que percorrerá as rúas da cidade vella e que se suspendeu o ano pasado debido á situación sanitaria. Esa camiñada sairá desde a Alameda ás 11:00 horas até a Praza do Obradoiro. Alí, ás 12:00 h. persoas con DCA e familiares lerán o manifesto que recolle o sentir do movemento asociativo.

    Ler máis
  • Sede da Xunta de Galicia en San Caetano iluminada en azul para conmemorar o Día do DCA

    Sarela celebrou un ano máis, e van catorce, a conmemoración do Día do Dano Cerebral. A situación tan excepcional pola que pasamos obrigou a cancelar non só as actividades que se realizaban os últimos anos senón tamén as planificadas pola celebración do 20 aniversario de Sarela. A nosa asociación non faltou á lectura do manifesto que cada ano recolle a visión e demandas do movemento asociativo do Estado.

    Ler máis
  • Máis de 400.000 persoas teñen Dano Cerebral en España. FEDACE (Federación Española de Daño Cerebral) agrupa desde hai 25 anos ás entidades que traballan na defensa e visibilización as persoas e familias con DCA. Este vídeo fíxose coa achega das 46 entidades que forman FEDACE en 2020 e fíxose público o 26 de outubro con motivo da celebración do Día do Dano Cerebral Adquirido.

    Ler máis
  • Como todos os anos as entidades agrupadas en Fedace (Federación Española de Daño Cerebral) facemos público un manifesto con motivo do Día do Dano Cerebral coas principais demandas do movemento asociativo. Este ano, ao non poder facer a lectura pública na Praza do Obradoiro, fixemos un vídeo no que Miguel, María, Jose Ángel e Víctor, persoas usuariasdos servizos de Sarela, poñen voz ao Dano Cerebral.

    Ler máis
  • A situación pola que pasamos obriga a suspender actividades que viñamos realizando nos últimos anos como era a camiñada por Santiago ou a nosa presenza con puntos informativos en diferentes concellos da área sanitaria. Pero Sarela celebrará a Día do DCA coa lectura do manifesto do movemento asociativo, a iluminación de edificios da cidade e presenza en medios.

    Ler máis
  • Esta mañá, con motivo da celebración do Día do Dano Cerebral, Sarela organizou unha marcha en Santiago para dar visibilidade ao colectivo. Persoas con DCA, familiares, representantes dos grupos municipais e veciños/as de Santiago participaron na marcha que rematou na Praza do Obradoiro onde persoas con dano cerebral e familiares leron o manifesto reivindicativo.

    Ler máis
  • Cinco son as reclamacións que o movemento asociativo fai no manifesto do Día do Dano Cerebral: coñecer a dimensión desta discapacidade facendo un censo; crear a categoría diagnóstica "DCA" para dispor de recursos especializados de atención ao saír do hospital; pór en marcha unha estratexia nacional de atención; incluír á familia como parte substancial da atención e, por último, prestar atención especial ao DCA infantil e ás persoas con trastorno de conduta e ás que teñen DCA severo.

    Ler máis
  • Sarela e o resto de entidades do movemento asociativo do DCA celebran, un ano máis, o venres 26 de outubro o Día do Dano Cerebral e, a semana seguinte, o 29 o Día do Ictus. O acto principal será a andaina que faremos desde a Alameda até a praza do Obradoiro onde leremos o manifesto no que recollemos o sentir e reivindicacións do movemento asociativo. Tamén teremos mesas informativas e outras accións de visibilización. Entra na noticia para ter máis detalles.

    Ler máis

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información