Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
O venres desta semana remata o prazo para inscribirse no curso de verán "A familia no novo réxime da discapacidade" da USC e que se desenvolverá os días 19, 20 e 21 deste mesmo mes na Facultade de Dereito. O obxectivo do curso é dar a coñecer a transcendencia social e xurídica da Lei pola que se reforma a lexislación civil e procesual para o apoio das persoas con discapacidade.
Manifesto do movemento CERMI con motivo do 3 de Maio de 2021, Día nacional da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade
Reproducimos o Manifesto feminista das Mulleres con Discapacidade publicado pola Fundación Cermi Mujeres con motivo do Día Internacional da Muller. Tamén podes lelo en versión de lectura fácil e acceder a el en lingua de signos.
CERMI Galicia conmemora o Día da Muller traballadora con este encontro que se desenvolverá o 4 de marzo e no que varias mulleres con e sen discapacidade falarán da súa experiencia como coidadoras doutras persoas con e sen discapacidade. A socia de Sarela Ana Isabel Pedrosa participará no mesmo, que será online, en representación de Fegadace. Ampliando a noticia podes acceder ao programa desta xornada e á forma de acceso á mesma.
Hoxe, como cada 3 de decembro, máis de 80 entidades de toda Galicia unímonos para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade baixo nosa iniciativa “Baixo o mesmo paraugas”, para poñer en primeiro lugar os dereitos de todas as persoas e defender que a diversidade é un valor crave na sociedade. Este é o manifesto que deberiamos ter lido na Praza do Obradoiro e que, debido á pandemia, sustituimos por unha lectura a distancia.
Con motivo do Día Internacional e Europeo das Persoas con Discapacidade, que cada ano se celebra o día 3 de decembro, o CERMI fai público o seguinte manifesto co título "As persoas con discapacidade e as súas familias esixen estar presentes na reconstrución social e económica postpandemia". Dispoñible en versión de lectura fácil e pictogramas.
O Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI Galicia) elixiu onte en asemblea extraordinaria a Luciano Fernández Pintor como novo presidente da entidade. Luciano Fernández é o actual secretario da Xunta Directiva de Sarela e, na súa representación, presidente de Fegadace e Fedace, as federacións galega e española de dano cerebral.
O martes 3 de decembro máis de 80 entidades entidades sociais de toda Galicia celebramos un ano máis o Día Internacional das Persoas con Discapacidade coa iniciativa colaborativa “Baixo o mesmo paraugas. Galicia pola diversidade”. A diferenza doutros anos, a situación creada pola Covid-19 impedirá desenvolver os actos públicos que se desenvolvían nas cidades pero as entidades realizarán actividades a distancia así como a publicación e lectura do manifesto reivindicativo redactado para conmemorar este día.