Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
A data límite de inscrición para esta primeira sesión é o día 19. A actividade estará dirixida por Jorge Ferro e que até o comezo da pandemia dirixía ao grupo de familias de forma presencial.
O venres 16 de maio ás 11:30 Sarela retoma as actividades de formación para familias que estaban en suspenso debido á situación sanitaria. Retomarémolas online coa charla “Autocoidade en tempos de Covid” que dará a psicóloga Julia Lodeiro. Durante toda a pandemia a perspectiva da familia sempre estivo presente no traballo de Sarela. Houbo atención a distancia e domiciliaria e posteriormente retomáronse as sesións presenciais individuais.
Seguindo co proceso de posta en funcionamento dos servizos de Sarela pechados pola crise da COVID-19, esta semana comezamos coa atención presencial nos puntos informativos para familias. Os primeiros serán os do Hospital Clínico de Santiago e do Centro de Saúde de A Estrada. É importante atender ás indicación de seguridade sanitaria.
Motivado polo peche dos centros de atención diúrna día como consecuencia da crise da COVID-19, a Xunta de Galicia creou o Bono Coidado Extraordinario á Dependencia que é unha liña de axudas económicas á que se poden acoller, no caso de Sarela, as familias de persoas con DCA usuarias deste servizo. O prazo de presentación remata o día 13 de xullo.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde que rexe a solicitude de praza para os campamentos en Galicia. Deste xeito, o prazo de solicitude abrirá mañá martes e terá unha duración de sete días hábiles. Ofértanse 132 prazas específicas para persoas con discapacidade de entre 11 e 40 anos.
As persoas con discapacidade que non poden soportar o confinamento indefinido, derivado do estado de alarma, poderán realizar saídas terapéuticas tal como se deriva da instrución do BOE de hoxe.
Dada a rapidez coa que se produciron os últimos acontecementos derivados do coronavirus, o equipo de profesionais de Sarela reuniu unha serie de recursos (vídeos, fotografías, enlace ...) para que as familias teñan unha referencia á hora de realizar os coidados e autocoidado: transferencias, exercicios físicos, Moito xa está na nosa web (https://www.sarela.org/axudas_confinamento) e irémolas ampliando e mellorando.
Neste artigo un grupo de familiares de persoas con DCA que asisten ao centro de día reflexionan sobre a súa condición de coidadores/as e falan da súa experiencia no grupo de apoio no que participaron durante case dous anos.