Noticias

  • Máis de 400.000 persoas teñen Dano Cerebral en España. FEDACE (Federación Española de Daño Cerebral) agrupa desde hai 25 anos ás entidades que traballan na defensa e visibilización as persoas e familias con DCA. Este vídeo fíxose coa achega das 46 entidades que forman FEDACE en 2020 e fíxose público o 26 de outubro con motivo da celebración do Día do Dano Cerebral Adquirido.

    Ler máis
  • Fedace (Federación Española de Daño Cerebral Adquirido) editou esta guía con consellos útiles que axudarán ás familias no confinamento con persoas con DCA. Consellos para a orientación temporal, para as alteración de conduta, emocionais, cognitivas e para o coidado do coidador son algúns dos seus contidos.

    Ler máis
    01/04/2020
  • Segundo o estudo “A situación das mulleres con dano cerebral adquirido en España”, da Federación Española de Dano Cerebral (FEDACE), que está financiado polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, e que forma parte do Observatorio de Dano Cerebral de FEDACE.

    Ler máis
  • Na elaboración da guía participou a educadora social de Sarela Noelia Parente (segunda pola esquerda) e profesionais de FEDACE, Adacea Alicante e Adace Castela a Mancha.

    A educadora social Noelia Parente é a coordinadora do Servizo de Atención Diúrna Ocupacional e orientadora laboral de Sarela. Recentemente participou na elaboración da primeira guía metodolóxica para a inclusión sociolaboral para persoas con dano cerebral adquirido xunto a outras entidades federadas en FEDACE. Ela explícanos o método de traballo que se deriva deste traballo así como é a situación que deben afrontar as persoas con DCA para reincorporarse a unha actividade.

    Ler máis
  • Xoves 22 e venres 23 de novembro celebramos en Madrid o IV Congreso Nacional de DCA, un acontecemento que servirá para analizar e reflexionar sobre a realidade actual desta discapacidade. Familiares e profesionais de Sarela asistirán como público pero tamén para compartir coñecemento nos actos programados pola Federación Española de Dano Cerebral.

    Ler máis
    19/11/2018
  • Momento da reunión. Rocío García, segunda pola esquerda. (Imaxe: web Defensor del Pueblo).

    O mércores 14 de novembro o “Defensor del Pueblo” organizou na súa sede en Madrid unha xornada de traballo sobre o dano cerebral adquirido infantil na que participaron, segundo a propia institución, “as principais entidades de pacientes e afectados ademais de expertos do ámbito sanitario”. Rocío García, directora de Sarela, participou na mesma como unha das persoas representates de FEDACE (Federación Española de Dano Cerebral).

    Ler máis
    15/11/2018
  • Profesionais e entidades teñen o 22 e 23 de novembro en Madrid no IV Congreso Nacional de Dano Cerebral Adquirido unha cita ineludible. O programa abrangue enfoques do dano cerebral desde o dereito, emprego, novas tecnoloxías aplicadas á rehabilitación, investigación, modelos de atención, sexualidade, perspectiva de xénero, a familia, etc.

    Ler máis
    15/10/2018
  • Ese é o lema da nova que lanzamos as entidades de FEDACE (Federación Española de Dano Cerebral) e coa que queremos cambiar o foco desde as causas ás secuelas cando falamos de DCA. Estas últimas, variadas e complexas, son as que determinarán o proceso de rehabilitación e, o que é máis importante, a vida da persoa e da súa familia.

    Ler máis
    11/06/2018

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar todas Configurar Cookies Más información