Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Sarela abriu este mes dous novos puntos informativos especializados en dano cerebral adquirido en Lalín e Mazaricos e que se suman aos que xa funcionan na Área sanitaria de Santiago e Barbanza na Estrada, Arzúa, Ribeira e Santiago. O esforzo realizado por Sarela para atender estes puntos de información encádrase no obxectivo de achegar información ás familias con dano cerebral adquirido que viven máis lonxe de Santiago e detectar as súas necesidades de atención.
Este punto de información funcionará o último mércores de cada mes de 10:30 a 13:30 nun local cedido polo Concello no Lalín Arena. Sarela tamén realizará actividades de sensibilización e información dirixida á poboación xeral e tamén en centros educativos.
No Día internacional do ioga entrevistamos a Jorge Ferro. El ten dano cerebral como consecuencia dun traumatismo cranioencefálico sufrido nun accidente de coche. Como explica na entrevista, unha vez recibe a alta no Servizo de Atención Especializada aceptou a proposta para continuar con nós facendo o que mellor sabía facer antes do accidente. Así, desde hai dous anos dirixe como voluntario a actividade de ioga organizada desde o Servizo de información a familias e que agora se realiza en modalidade online.
Quen o desexe pode inscribirse na actividade pois non existe límite de prazas. Son todos os martes ás 10:00 horas e teñen unha duración de 45 minutos aproximadamente. O monitor é o voluntario Jorge Ferro, que xa dirixía a actividade cando se facía de forma presencial.
A Deputación da Coruña concedeu a Sarela unha subvención de 25.086 euros dentro do “Programa FOCVAA: convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o mantemento de programas sociosanitarios durante o ano 2021”. A resolución foi publicada no BOP do 18 de maio. Esta subvención afianza o Servizo de información, orientación e apoio a familias que é un elemento fundamental e gratuíto para as persoas e familias con DCA.
Os días 28 e 31 deste mes coa formación para familias para falar da prevención e manexo do estrés. Diferenzas entre ansiedade e estrés, os sinais para detectalo, a relación entre este e a aparición de enfermidades, recomendacións para previlo e técnicas para manexalo. Estes son algúns dos contidos da sesión formativa que conducirá Julia Lodeiro (psicóloga/neuropsicóloga en Sarela). Esta actividade será online e durará unha hora.
Nos últimos meses, e como consecuencia da situación sanitaria, Sarela está a poñer en marchar iniciativas nas que as novas tecnoloxías teñen un papel fundamental para a súa realización e aproveitamento polas familias como son a formación e as actividades a distancia. A enquisa busca saber a situación das familias no referente ao uso das novas tecnoloxías e buscar solucións aos problemas.
A data límite de inscrición para esta primeira sesión é o día 19. A actividade estará dirixida por Jorge Ferro e que até o comezo da pandemia dirixía ao grupo de familias de forma presencial.