Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
O venres 16 de maio ás 11:30 Sarela retoma as actividades de formación para familias que estaban en suspenso debido á situación sanitaria. Retomarémolas online coa charla “Autocoidade en tempos de Covid” que dará a psicóloga Julia Lodeiro. Durante toda a pandemia a perspectiva da familia sempre estivo presente no traballo de Sarela. Houbo atención a distancia e domiciliaria e posteriormente retomáronse as sesións presenciais individuais.
Seguindo co proceso de posta en funcionamento dos servizos de Sarela pechados pola crise da COVID-19, esta semana comezamos coa atención presencial nos puntos informativos para familias. Os primeiros serán os do Hospital Clínico de Santiago e do Centro de Saúde de A Estrada. É importante atender ás indicación de seguridade sanitaria.
Esas son as claves da actividade de sensibilización que o equipo de profesionais de Sarela deseñou para, a través dunha metodoloxía lúdica e participativa, destinada a escolares de primaria e secundaria. Acompañando a unha pequena charla adaptada a cada idade, as profesionais de Sarela tamén poñen en práctica unha parte vivencial con experiencias a través das que os/as escolares poden percibir algunhas das secuelas derivadas do dano cerebral.
Chamar a atención da dimensión social do Dano Cerebral Adquirido (DCA), incidir na importancia da prevención, explicar a importancia da atención especializada ou falar dos dereitos das persoas e familias nesta situación, son algúns dos obxectivos que ten o ciclo de charlas que, durante os meses de outubro, novembro, decembro e xaneiro, desenvolverá Sarela en 17 centros socioculturais da cidade, barrios e parroquias de Santiago.
Fundación bancaria “La Caixa” financia este proxecto de Sarela para prestar o servizo de información e atención de traballo social e psicoloxía a persoas e familias con dano cerebral adquirido.
O convenio encádrase na convocatoria de “Promoción da autonomía persoal e atención ao envellecemento, a discapacidade e a enfermidade 2019” e contribuirá a contunuar coa atención de traballo social e psicoloxía a familias e persoas con dano cerebral adquirido que realiza a asociación.
O traballo de divulgación de Sarela segue a ser moi intenso nestes meses. As próximas charlas que temos en axenda serán o luns 17 de maio en Brión para falar da prevención do DCA no deporte e o venres 21 en Arnois (A Estrada).
O centro de saúde estradense e o concello de Arzúa colaboran no proxecto. Estes son os primeiros puntos de atención de Sarela fóra de Santiago e serán atendidos unha vez á semana por unha traballadora social da asociación.