Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
É unha das accións con motivo do Día Nacional do Dano Cerebral Adquirido que se celebra o 26 de outubro e quere sensibilizar sobre o dereito á accesibilidade universal das persoas con DCA partindo de experiencias positivas e negativas que atopamos no día a día.
Persoas con DCA e familiares participaron no primeiro concerto no que música e ciencia se uniron para investigar sobre as bases xenéticas do estímulo musical e estudar o seu potencial terapéutico na loita contra enfermidade. Sarela forma parte deste proxecto de investigación.
Sarela e a Fundación La Caixa asinaron este mes o convenio de colaboración en base ao cal se desenvolverá o proxecto de Mantemento e Mellora da Autonomía Persoa e Inclusión Social cunha chega de 12.920 euros. Este proxecto foi seleccionado na convocatoria de axudas “Social Galicia 2022” da fundación.
O Concello de Lalín e a Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela asinaron hai 10 meses o convenio de colaboración para a posta en marcha dun punto de información especializado en Dano Cerebral e a realización de actividades de sensibilización e información dirixida á poboación e centros educativos.
Reproducimos a reportaxe que Joel Gómez publicou en La Voz de Galicia sobre o caso de Susana Rodríguez. Ela explica o camiño percorrido para volver traballar desde que hai 17 anos sufriu un accidente de tráfico que lle causou un Dano Cerebral. Ela é usuaria do Servizo de Orientación Laboral de Sarela que promove a busca de emprego, a formación e a cualificación das persoas con DCA e da que é responsable Noelia Parente, que tamén participa na reportaxe. Fotografías: Xoán A. Soler.
Esta semana Sarela celebrou a primeira mesa de traballo de cara á elaboración do terceiro Plan estratéxico da entidade. O proceso para a súa redacción é participativo e nel interveñen persoas con Dano Cerebral, familiares, membros da Xunta Directiva e profesionais da entidade.
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo e o presidente de Sarela José Balboa (primeiro pola esquerda na imaxe) asinaron o novo convenio para a realización de terapia acuática e unha nova actividade lúdica en balneario. A colaboración da Concellaría de Políticas Sociais é de 3.000 euros.
Durante o curso 2021-22 o proxecto “Dano Cerebral no colexio” de Fedace posibilitou acompañar a 19 escolares e ás súas familias socias de Sarela e compartir cos profesionais dos centros as necesidades, obxectivos etc de cada un/unha deles/delas.