Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Hoxe as federacións e redes que representan ao Terceiro Sector galego na loita contra a pobreza e a exclusión social presentaron a campaña da X Solidaria facendo unha chamada á sociedade para que marque o recadro 106 de Actividades de Interese Social na súa Declaración da Renda. No acto leuse o manifesto conxunto das entidades e que se reproduce a continuación.
Sarela celebrou na tarde do venres a súa asemblea xeral ordinaria na que tamén foron aprobadas as memorias económicos e de actividades de 2021.
Minerva García fixo a entrega simbólica desta doazón a Concha Otero, vicepresidenta de Sarela. A cuarta edición desta travesía a nado na ría de Arousa celebrouse o 31 de xullo. A iniciativa naceu en 2015 grazas a Manuel Martínez “O Nacho”, unha persoa con DCA, que busca darlle visibilidade a esta discapacidade.
O director do hotel OCA Puerta del Camino, Lalo Crespo, tamén fixo entrega esta mañá da recadación de 656,00 euros acadada no acendido solidario realizado nas instalacións do establecemento en Nadal, a Sarela, Asociación de Dano Cerebral de Compostela, representada pola súa vicepresidenta, Concha Otero, e o secretario, Luciano Fernández Pintor.