Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
O luns 3 de decembro conmemoramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade Baixo o mesmo paraugas, unha acción de cooperación asociativa que Sarela organizou xunto con outras asociacións da cidade. Ese día xuntámonos simbólicamente na Praza do Obradoiro para reivindicar que as persoas con discapacidade sexan consideradas como cidadáns de pleno dereito.
Hai 15 días hábiles desde a data de publicación no boletín oficial da provincia o xoves 28 de xuño. As axudas procuran facilitar o uso do servizo de taxi como medio alternativo para as persoas con dificultades de mobilidade, sexa por ter unha discapacidade ou por ser persoas maiores residentes no rural do municipio.
Máis de 400 persoas de distintas entidades sociais de Galicia debuxamos na Praza do Obradoiro unha gran X solidaria para presentar a campaña que anima á cidadanía a marcar o recadro106 na súa declaración da renta para destinar a fins sociais parte do que aportan aos recursos públicos.
O Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade publica anualmente a Guía de Axudas Sociais e Servizos para as Familias co obxectivo de facilitar información ás persoas que teñen responsabilidades familiares sobre as prestacións, beneficios e servizos que teñen á súa disposición no ámbito da Administración do Estado.