• servizos sarela 795x180

Noticias

Está vostede a visualizar 66 noticias na categoría HOME1

Arousa Man 2019

Arousa Man 2019
Hoxe presentouse na casa do Concello de Ribeira a terceira edición deste reto de natación en augas abertas e que grazas á iniciativa de Manuel Martínez “O Nacho” busca visibilizar o Dano cerebral Adquirido. O reto será o vindeiro 27 de xullo e os/as 40 nadadores/as inscritos deberán completar a distancia que separa O Grove de Ribeira.
Categorías: Dano Cerebral Adqurido
Tags: ArousaMan

'Cousas que debes saber sobre o DCA cando o teu familiar está no hospital'

'Cousas que debes saber sobre o DCA cando o teu familiar está no hospital'
FEGADACE edita unha guía imprescindible para as familias que teñen que afrontar os primeiros momentos do Dano Cerebral Adquirido. Elaborada por profesionais das asociacións galegas de DCA, a guía busca paliar a desorientación e angustia que supón unha situación que chega de forma repentina.
Categorías: FEGADACE

Manifesto polo Día da Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade

Manifesto polo Día da Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade
O Consello de Ministros aprobou que a entrada en vigor do documento da ONU se conmemore cada 3 de maio. O CERMI Estatal fixo público un manifesto para conmemorar a primeira edición do Día Nacional en España da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade de 2006.
Categorías: Discapacidade

Sarela crea na Estrada e Arzúa dous puntos de información especializada en DCA

Sarela crea na Estrada e Arzúa dous puntos de  información especializada en DCA
O centro de saúde estradense e o concello de Arzúa colaboran no proxecto. Estes son os primeiros puntos de atención de Sarela fóra de Santiago e serán atendidos unha vez á semana por unha traballadora social da asociación.
Categorías: Sarela

Educa V: proxecto para coidar das persoas coidadoras

Educa V: proxecto para coidar das persoas coidadoras
Sarela participa desde hai uns meses neste proxecto de investigación de Red Menni de Daño Cerebral de Hermanas Hospitalarias que busca desenvolver ferramentas de intervención para previr e reducir a sobrecarga das persoas coidadoras doutras con dano cerebral.
Categorías: Sarela

Sarela crea na Estrada, en colaboración co Centro de Saúde, un novo punto de información de dano cerebral

Sarela crea na Estrada, en colaboración co Centro de Saúde, un novo punto de información de dano cerebral
Unha traballadora social da asociación atenderao todos os venres entre as 10:00 e as 13:00 horas. As persoas e familias que, como secuela dun ictus, traumatismo, cancro ou calquera outra causa, teñan ou convivan co dano cerebral terán información sobre esta discapacidade, recursos de atención e rehabilitación, axudas existentes, trámites administrativos etc.
Categorías: Sarela

Sarela participa no estudio do INICO para analizar a evolución da calidade de vida das persoas con dano cerebral adquirido

Sarela participa no estudio do INICO para analizar a evolución da calidade de vida das persoas con dano cerebral adquirido
Sarela, xunto con outras entidades sociais e sanitarias, está a participar neste estudio que ten como obxectivos investigar sobre a aplicación e utilidade do concepto de “calidade de vida” aplicado á poboación con dano cerebral adquirido e analizar a súa evolución, entre outros fins.
Categorías: Dano Cerebral Adqurido

“Ademais da persoa con disfaxia, a familia é unha parte moi afectada porque asumen un rol para o que non están preparadas e ninguén as forma”

“Ademais da persoa con disfaxia, a familia é unha parte moi afectada porque asumen un rol para o que non están preparadas e ninguén as forma”
Ruth González é logopeda en Sarela e os días 25 e 27 dará un obradoiro para concenciar da problemática que é a disfaxia e dar a coñecer que é algo que afecta ou pode afectar a calquera persoa e demostrar como unha persoa con disfaxia pode alimentarse desfrutando da comida como fai calquera persoa que non a padece.
Categorías: Sarela , Familias

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.