Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Estamos a distribuír e xa se pode descargar o número 20 de Facendo Camiño, o boletín informativo de Sarela. Neste número falamos, entre outros temas, do traballo desenvolvido nos concellos da área sanitaria de Santiago a través do Programa de Intervención comunitaria que naceu para achegar a información e coordinar recursos aos 46 concellos que a conforman.
Representantes de nove asociacións de pacientes e usuarios e de colexios profesionais presentaron hoxe, nun acto celebrado no Colexio de Médicos de Santiago, un informe elaborado conxuntamente no que se analiza o actual modelo e carencias dos servizos integrais de rehabilitación da área sanitaria de Santiago-Barbanza dos que dependen as 448.000 persoas que viven nos 46 concellos que a conforman.
Esta semana Sarela recibiu de AENOR o certificado que acredita que Sarela ten un sistema de xestión de calidade conforme á norma ISO 9001:2015 para a prestación do Servizo de Atención Diúrna Terapéutica (SADT), Servizo de Atención Especializada (SAE), Servizo de Orientación Laboral, Servizo de información, orientación e apoio ás familias así como para o de mantemento, mellora da autonomía persoal e inclusión social para persoas con dano cerebral adquirido.
No IV Congreso Nacional de DCA organizado recentemente por FEDACE tres das nosas profesionais presentaron un póster co título “É posible rehabilitar desde o modelo de calidade de vida?”. As terapeutas ocupacionais Ana Ruiz e Majo Hermida e a psicóloga Junquera Novo falaron da necesidade de abordar o tratamento dunha persoa con DCA establecendo obxectivos en base ás dimensións de calidade de vida. Neste artigo fan un resumo da súa exposición.