Novas

Subscríbete ao noso boletín

Recibe novas no teu email

  • Con motivo da celebración do 20 aniversario de Sarela chegáronnos mensaxes de felicitación doutras entidades, amigos/as, institucións, familias etc que xuntamos nunha serie de vídeos. Na noticia podes acceder aos enlaces.

    Ler máis
    20/12/2020
  • Hoxe, 19 de decembro, Sarela cumpre 20 anos desde a súa fundación por parte dun pequeno grupo de familiares de persoas con dano cerebral. Nestas dúas décadas Sarela medrou e consolidou o seu papel central na atención ás persoas con DCA pero sobre todo foi fundamental para o recoñecemento institucional e social da que é primeira causa de discapacidade e dependencia en España.

    Ler máis
    19/12/2020
  • Este sábado, 19 de decembro, Sarela está de aniversario. Hai meses que as ideas que tiñamos para celebralo quedaron desbotadas pero iso non significa que renunciemos a facelo. Hoxe comezamos cun repaso de pequenos pasos que conforman o camiño percorrido nestes 20 anos. Son momentos, compromisos, formas de traballar ou proxectos que nos marcaron.

    Ler máis
    15/12/2020
  • Hoxe, como cada 3 de decembro, máis de 80 entidades de toda Galicia unímonos para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade baixo nosa iniciativa “Baixo o mesmo paraugas”, para poñer en primeiro lugar os dereitos de todas as persoas e defender que a diversidade é un valor crave na sociedade. Este é o manifesto que deberiamos ter lido na Praza do Obradoiro e que, debido á pandemia, sustituimos por unha lectura a distancia.

    Ler máis
    03/12/2020
  • Con motivo do Día Internacional e Europeo das Persoas con Discapacidade, que cada ano se celebra o día 3 de decembro, o CERMI fai público o seguinte manifesto co título "As persoas con discapacidade e as súas familias esixen estar presentes na reconstrución social e económica postpandemia". Dispoñible en versión de lectura fácil e pictogramas.

    Ler máis
    03/12/2020
  • Un momento da asemblea extraordinaria do CERMI Galicia, celebrada a distancia.

    O Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI Galicia) elixiu onte en asemblea extraordinaria a Luciano Fernández Pintor como novo presidente da entidade. Luciano Fernández é o actual secretario da Xunta Directiva de Sarela e, na súa representación, presidente de Fegadace e Fedace, as federacións galega e española de dano cerebral.

    Ler máis
    01/12/2020
  • O martes 3 de decembro máis de 80 entidades entidades sociais de toda Galicia celebramos un ano máis o Día Internacional das Persoas con Discapacidade coa iniciativa colaborativa “Baixo o mesmo paraugas. Galicia pola diversidade”. A diferenza doutros anos, a situación creada pola Covid-19 impedirá desenvolver os actos públicos que se desenvolvían nas cidades pero as entidades realizarán actividades a distancia así como a publicación e lectura do manifesto reivindicativo redactado para conmemorar este día.

    Ler máis
    30/11/2020
  • Este é o Manifesto que a Fundación Cermi Mujeres publica hoxe, 25 de novembro, con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Podes lelo completo a continuación e na súa versión en lectura fácil.

    Ler máis
    25/11/2020

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información