Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Sarela cumprirá en decembro deste ano o seu 20 aniversario e, para celebralo, durante todo 2020 organizará distintas actividades en Santiago e nos concellos da área sanitaria. Algunha destas accións xa están en marcha e buscan dar visibilidade, sensibilizar e previr o dano cerebral adquirido; anticiparse ás necesidades futuras do colectivo e reivindicar o traballo feito nestes anos polos dereitos e calidade de vida das familias e persoas con DCA.
O Colexio de Avogados de Santiago vén de conceder a Sarela o XI Premio Dereitos Humanos co que recoñece o traballo da entidade a favor dos dereitos das persoas con dano cerebral e súas familias. A entrega será 28 de febreiro, ás 19 horas no salón nobre de Fonseca, durante os actos de celebración da súa festividade anual no día de San Raimundo de Peñafort.