Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Motivado polo peche dos centros de atención diúrna día como consecuencia da crise da COVID-19, a Xunta de Galicia creou o Bono Coidado Extraordinario á Dependencia que é unha liña de axudas económicas á que se poden acoller, no caso de Sarela, as familias de persoas con DCA usuarias deste servizo. O prazo de presentación remata o día 13 de xullo.
Hoxe Sarela comezou a súa actividade no centro. Pode pedir cita previa no teléfono 981 577 037 en horario de 9:30 a 17:30 ou no correl electrónico sarela@sarela.org. É imprescindible atender ás indicación e protocolos de seguridade para o acceso.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde que rexe a solicitude de praza para os campamentos en Galicia. Deste xeito, o prazo de solicitude abrirá mañá martes e terá unha duración de sete días hábiles. Ofértanse 132 prazas específicas para persoas con discapacidade de entre 11 e 40 anos.
Como xa informamos anteriormente, e á espera de ter a autorización administrativa, o equipo de dirección e profesionais de Sarela levan semanas preparando o centro para a súa reapertura para a atención directa. Xa se pode pedir cita previa no teléfono 981 577 037 en horario de 9:30 a 17:30 e é imprescindible atender ás indicación e protocolos de seguridade para o acceso ao centro.
Nas últimas horas tivemos a confirmación de que nas próximas semanas Sarela poderá abrir o seu centro para continuar con parte dos seus servizos, nomeadamente de rehabilitación, sempre coas máximas garantías de seguridade para as persoas. O vindeiro luns, 8 de xuño, esperamos concretar máis a información e se o desexas podes chamar ao noso centro [981 577 037] no seu horario habitual de 9:30 a 17:30.
Constatada a situación de emerxencia terapéutica e social nos fogares con persoas con dano cerebral, a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE), xunto coas súas cinco asociacións membro (ADACECO, ADACE Lugo, Alento, Renacer e Sarela) vén de remitir un escrito á Consellería de Política Social no que lle solicita á Xunta de Galicia que "reconsidere e rectifique" a medida anunciada o pasado venres pola que se retrasa a activación dos centros de día e ocupacionais ata o 1 de setembro de 2020.