• servizos sarela 795x180

Noticias

Está vostede a visualizar 302 noticias na categoría Sarela

Concerto da Real Filharmonía de Galicia a favor de Sarela

Concerto da Real Filharmonía de Galicia a favor de Sarela
O sábado 10 de novembro ás 18:30 h. no Auditorio de Galicia a RFG dará un concerto familiar xunto á compañía de monicreques Per Poc para dar visibilidade ao proxecto que Sarela representa.
Categorías: Sarela
Tags: Sarela

Sarela reclama para 35.000 persoas en Galicia unha estratexia de atención ao DCA que lles garanta vivir con calidade

Sarela reclama para 35.000 persoas en Galicia unha estratexia de atención ao DCA que lles garanta vivir con calidade
Esta mañá, con motivo da celebración do Día do Dano Cerebral, organizamos unha marcha en Santiago para dar visibilidade ao colectivo. Rematou na Praza do Obradoiro onde persoas con dano cerebral e familiares leron o manifesto reivindicativo.O movemento asociativo do DCA reclama no seu manifesto medidas para garantir a continuidade asistencial unha vez estas persoas con DCA saen do hospital e evitar o desamparo.
Categorías: Sarela

26 O | Día do DCA: mesmas reivindicacións para avanzar nos dereitos das persoas con dano cerebral.

26 O | Día do DCA: mesmas reivindicacións para avanzar nos dereitos das persoas con dano cerebral.
Un ano máis, e van once, Sarela celebra o venres 26 de outubro o Día do Dano Cerebral. O acto principal será a andaina que faremos desde a Alameda até a praza do Obradoiro onde leremos o manifesto no que recollemos o sentir e reivindicacións do movemento asociativo. Tamén teremos mesas informativas e outras accións de visibilización. Entra na noticia para ter máis detalles.
Categorías: Sarela

Manexo do estrés en persoas coidadoras

Manexo do estrés en persoas coidadoras
Diferenzas entre ansiedade e estrés. A relación entre este e a aparición de enfermidades. Os síntomas para detectalo e o caso concreto das persoas coidadoras. Recomendacións para previlo e técnicas para manexalo. Este é parte do contido do artigo de Junquera Nova e Noelia Ouro, psicólogas en Sarela, sobre o estrés co foco dos coidadores e coidadoras de persoas con dano cerebral adquirido.
Categorías: Sarela , Artigo

Escapada no río Miño

Escapada no río Miño
O sábado 15 de setembro usuarios e profesionais do SADT (Servizo de Atención Diúrna Terapéutica) desfrutaron dun magnífico día de lecer en Goián, unha parroquia do Concello de Tomiño. Fixeron unha ruta polo río Miño grazas á adaptación do embarcadoiro e á iniciativa do Club Deportivo Amarras para adquirir dúas lanchas que permiten o acceso e navegación segura a persoas con cadeira de rodas. Esta xornada de lecer foi posible grazas á colaboración de FEGADACE.
Categorías: Sarela
Tags: FEGADACE, Sarela

Claves para a incorporación ao traballo tras ter un dano cerebral adquirido

Claves para a incorporación ao traballo tras ter un dano cerebral adquirido
Sarela participou nas xornadas “Coidando ás persoas: regreso ao traballo tras unha baixa de longa duración” para explicar os condicionantes que marcan a reincorporación das persoas con dano cerebral adquirido ao mundo laboral. Rocío García, directora de Sarela, deu as claves para entendelas.
Categorías: Sarela

Novo éxito do noso grupo de Teatro

Novo éxito do noso grupo de Teatro
Como cada ano, chegada esta época a representación do noso grupo de teatro foi un momento para a convivencia dos amigos e amigas de Sarela. Esa tarde puidemos ver o traballo de meses que recaeu sobre todo nas actuais persoas usuarias dos nosos servizos ou que o foron nalgún momento.
Categorías: Sarela
Tags: Teatro

Nova estrea do grupo de teatro de Sarela

Nova estrea do grupo de teatro de Sarela
O grupo de teatro de Sarela volve o venres 6 de xullo ás 19:30 h. ao Auditorio de Galicia para a estrea da súa última creación, “Neflis Sarela”. Esta será a sexta obra creada e interpretada por persoas usuarias dos nosos servizos, familiares, persoas voluntarias e profesionais da asociación.
Categorías: Sarela
Tags: Teatro

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.