• servizos sarela 795x180

Noticias

Está vostede a visualizar 290 noticias na categoría Sarela

Primeiro vídeo da actividade acuática en Sarela

Primeiro vídeo da actividade acuática en Sarela
Hoxe compartimos o primeiro dos vídeos que fixemos para explicar a actividade acuática en Sarela atendendo a diferentes perfiles de persoas usuarias e dos obxectivos a traballar. Laura Martínez, unha das nosas fisioterapeutas, preséntanos a piscina e fai un pequeno resumo dos beneficios do traballo na auga.
Categorías: Sarela

Continuamos coa formación impartida por e para familiares

Continuamos coa formación impartida por e para familiares
Un dos programas máis importantes para Sarela é o de información, orientación e apoio as familias. Crear unha rede social de apoio é unha das súas funcións e así nacen iniciativas como o apoio que as familias se dan entre si. Un exemplo son os obradoiros de informática que María José, familiar dun usuario do centro de día, imparte a outras familiares.
Categorías: Sarela

Coñece a piscina accesible de Sarela e a actividade acuática

Coñece a piscina accesible de Sarela e a actividade acuática
Unha das dotacións que ten Sarela no seu centro é a piscina accesible. Nela desenvolvemos a actividade acuática que é un complemento terapeútico e lúdico ao proceso de rehabilitación das persoas con Dano Cerebral Adquirido (DCA).
Categorías: Sarela

Información da reunión da Xunta directiva correspondente ao mes de setembro

Categorías: Sarela

A aportación do traballo social á atención do DCA

A aportación do traballo social á atención do DCA
O DCA, ademais da ruptura do ciclo vital, pode traer consigo a desestruturación da familia, perda de relacións sociais, falta de recoñecemento social e familiar da persoa coidadora, precariedade económica, afrontar aspectos xurídicos e legais, entre outras consecuencias. Neste artigo as nosas traballadoras sociais Eugenia Veloso e Olalla Domínguez falan da súa responsabilidade á hora de cubrir estas necesidades.Con el continuamos a serie que estamos a publicar por especialidades.
Categorías: Sarela , Artigo

ArousaMan 2017, unha travesía a nado entre O Grove e Riveira para dar a coñecer o dano cerebral adquirido e as dificultades das familias

ArousaMan 2017, unha travesía a nado entre O Grove e Riveira para dar a coñecer o dano cerebral adquirido e as dificultades das familias
Onte presentouse na Casa do Concello de Riveira a segunda edición do “Arousa Man-Manolo O Nacho”. Todos os participantes destacaron o dobre obxectivo social e deportivo desta proba que reunirá a 19 nadadores e nadadoras para percorrer os 13 quilómetros que separan O Grove da praia de Coroso en Riveira.
Categorías: Sarela
Tags: ArousaMan

Regresa ArousaMan, a travesía a nado solidaria con Sarela

Regresa ArousaMan, a travesía a nado solidaria con Sarela
O sábado 29 de xullo volve á ría de Arousa a ArousaMan 2017 – Manolo O Nacho. Será a segunda edición desta travesía a nado, tras a primeira de 2015, que organiza un grupo de amigos afeccionados á natación en augas abertas para chamar a atención sobre as dificultades que teñen que vivir as persoas con dano cerebral adquirido.
Categorías: Sarela

Emotiva estrea de "Amar en tempos de Sarela"

Emotiva estrea de "Amar en tempos de Sarela"
O venres 7 de xullo o grupo de teatro de Sarela representou no Auditorio de Galicia a súa última obra, Amar en tempos de Sarela. Aquí deixamos algunhas imaxes que deixou esa tarde
Categorías: Sarela
Tags: Teatro

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.