Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Sarela foi unha das entidades encargadas de liderar proxectos dentro da comunidade #conecta2xAccesibilidad impulsada pola Fundación Vodafone España. Unha iniciativa que desenvolveu 16 proxectos de transformación dixital que buscaron facer a vida máis fácil a persoas con discapacidade grazas ao uso das novas tecnoloxías.
Sarela e Agadea somos dúas asociacións amigas que traballamos no ámbito do dano cerebral e do Alzheimer respectivamente. Desde hai unhas semanas estamos a colaborar para que Isaías, un dos nosos socios con DCA, dinamice un grupo para xogar ao boccia no centro de día de Agadea. El vai como voluntario e para iso axúdase da aplicación Mefacilyta para o teléfono.
Majo Hermida, unha das nosas terapeutas ocupacionais, e Diego Veiga, usuario do SADOC (Servizo de atención diúrna ocupacional), explícannos en menos de 2 minutos a utilidade que el lle dá á aplicación #Mefacilyta á hora de facer deporte. Debido aos problemas de memoria, Diego utilízaa como apoio os días que vai adestrar ao pavillón da Pontepedriña.
O proxecto desenvolve a app Mefacilyta con casos de uso que sexan referencia para o maior número posible de persoas con discapacidade