Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Alejandro, Carmen, Clara, Cristina, Fabián, Isabel, Jorge, José Ramón, Loli, María, Marina, Manuela, Marco, Michelle, Zeltia e Vicente son as persoas voluntarias que nos acompañaron durante 2022. No Día Internacional do Voluntariado as persoas usuarias dos nosos servizos quixeron agradecerlles o seu compromiso con Sarela facéndolles un pequeno agasallo en nome de todos e todas e transmitindo o que representan para elas e eles.
O proxecto “Sociedade voluntaria virtual” articula unha alternativa ao voluntariado presencial debido ás limitacións do contacto físico directo e abre novas oportunidades de colaboración ás persoas interesadas en colaborar con este servizo. A resolución de 8 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado aproba unha contía de 1.477 euros.
No Día internacional do ioga entrevistamos a Jorge Ferro. El ten dano cerebral como consecuencia dun traumatismo cranioencefálico sufrido nun accidente de coche. Como explica na entrevista, unha vez recibe a alta no Servizo de Atención Especializada aceptou a proposta para continuar con nós facendo o que mellor sabía facer antes do accidente. Así, desde hai dous anos dirixe como voluntario a actividade de ioga organizada desde o Servizo de información a familias e que agora se realiza en modalidade online.
Quen o desexe pode inscribirse na actividade pois non existe límite de prazas. Son todos os martes ás 10:00 horas e teñen unha duración de 45 minutos aproximadamente. O monitor é o voluntario Jorge Ferro, que xa dirixía a actividade cando se facía de forma presencial.
Como xa informamos estes días, o servizo de voluntariado tamén se adaptou ás novas circunstancias. Por seguridade as persoas voluntarias non poden acceder ao centro e por iso acabamos de botar a andar o voluntariado virtual coa proposta de actividades que poden ser de axuda ás familias e a Sarela. Na web iremos actualizando os postos de acción voluntaria que precisamos.
De forma temporal, e até que a situación sanitaria o permita, Sarela viuse obrigada a suspender a colaboración que as persoas voluntarias viñan prestando de forma presencial nos distintos servizos da asociación. Sen embargo o servizo de voluntariado segue a traballar e a buscar persoas que poidan colaborar a distancia aproveitando as posibilidades que dan as novas tecnoloxías.
Sarela ten presente todos os días do ano o traballo das persoas voluntarias que colaboran con nós. O Día Internacional das Persoas Voluntarias, tal como afirma a Organizacións de Nacións Unidas, supón unha oportunidade única para agradecer todos os esforzos realizadas polas voluntarias e voluntarios e súas organizacións e dar a coñecer os seus valores e logros nas súas comunidades.
Estamos a poñer un marcha un proxecto, conxuntamente con Fegadace e a Obra Social “La Caixa”, para que persoas con máis de 65 anos colaboren con nós como voluntarias. É unha oportunidade de coñecer o traballo de Sarela e establecer novas relacións con outras persoas.