Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Neste novo vídeo da actividade en piscina Majo Hermida, unha das nosas terapeutas ocupacionais, explícamos a sesión cunha persoa que traballa a disociación de movementos de brazos e pernas, a coordinación, o equilibrio ou o cambio rápido de posicións. O obxectivo é automatizar eses movementos para empregalos no seu día a día.
Nesta ocasión explicamos o traballo que realiza unha persoa con DCA con problemas de mobilidade.
Hoxe compartimos o primeiro dos vídeos que fixemos para explicar a actividade acuática en Sarela atendendo a diferentes perfiles de persoas usuarias e dos obxectivos a traballar. Laura Martínez, unha das nosas fisioterapeutas, preséntanos a piscina e fai un pequeno resumo dos beneficios do traballo na auga.
Unha das dotacións que ten Sarela no seu centro é a piscina accesible. Nela desenvolvemos a actividade acuática que é un complemento terapeútico e lúdico ao proceso de rehabilitación das persoas con Dano Cerebral Adquirido (DCA).