• banner web aniversario2

Noticias

Está vostede a visualizar 21 noticias coa etiqueta Día do Dano Cerebral

Manifesto polo Día do Dano Cerebral: "Pódeche pasar a ti, pódelle pasar a calquera"

Manifesto polo Día do Dano Cerebral: "Pódeche pasar a ti, pódelle pasar a calquera"
Cinco son as reclamacións que o movemento asociativo fai no manifesto do Día do Dano Cerebral: coñecer a dimensión desta discapacidade facendo un censo; crear a categoría diagnóstica "DCA" para dispor de recursos especializados de atención ao saír do hospital; pór en marcha unha estratexia nacional de atención; incluír á familia como parte substancial da atención e, por último, prestar atención especial ao DCA infantil e ás persoas con trastorno de conduta e ás que teñen DCA severo.
Categorías: Dano Cerebral Adqurido

Grande acollida ao concerto da Real Filharmonía de Galicia a favor de Sarela

Grande acollida ao concerto da Real Filharmonía de Galicia a favor de Sarela
O sábado 10 de novembro o Auditorio de Galicia acolleu un concerto familiar da Real Filharmonía de Galicia que quería servir tamén para dar visibilidade a Sarela e ao dano cerebral adquirido. Esa tarde a sala Mozart do Auditorio encheuse con mil persoas entre nenos e maiores que puideron escoitar as explicacións que José Balboa, presidente da asociación, deu sobre a entidade e o dca.
Categorías: Sarela

Sarela reclama para 35.000 persoas en Galicia unha estratexia de atención ao DCA que lles garanta vivir con calidade

Sarela reclama para 35.000 persoas en Galicia unha estratexia de atención ao DCA que lles garanta vivir con calidade
Esta mañá, con motivo da celebración do Día do Dano Cerebral, organizamos unha marcha en Santiago para dar visibilidade ao colectivo. Rematou na Praza do Obradoiro onde persoas con dano cerebral e familiares leron o manifesto reivindicativo.O movemento asociativo do DCA reclama no seu manifesto medidas para garantir a continuidade asistencial unha vez estas persoas con DCA saen do hospital e evitar o desamparo.
Categorías: Sarela

26 O | Día do DCA: mesmas reivindicacións para avanzar nos dereitos das persoas con dano cerebral.

26 O | Día do DCA: mesmas reivindicacións para avanzar nos dereitos das persoas con dano cerebral.
Un ano máis, e van doce, Sarela celebra o venres 26 de outubro o Día do Dano Cerebral. O acto principal será a andaina que faremos desde a Alameda até a praza do Obradoiro onde leremos o manifesto no que recollemos o sentir e reivindicacións do movemento asociativo. Tamén teremos mesas informativas e outras accións de visibilización. Entra na noticia para ter máis detalles.
Categorías: Sarela

Sarela reclama unha estratexia nacional de atención ao DCA

Sarela reclama unha estratexia nacional de atención ao DCA
Como cada 26 de outubro Sarela celebra hoxe o Día do Dano Cerebral Adquirido con varias actividades para sensibilizar, reivindicar e dar visibilidade a esta discapacidade. O acto principal foi unha camiñada pola cidade vella de Santiago na que participaron unhas 100 persoas entre persoas con DCA, familiares, amigos/as da asociación así como representantes dos grupos políticos do Concello.
Categorías: Sarela

Día do Dano Cerebral 2017: sensibilizar, reivindicar e dar visibilidade

Día do Dano Cerebral 2017: sensibilizar, reivindicar e dar visibilidade
Este xoves, como cada 26 de outubro desde hai 10 anos, conmemórase o Día do Dano Cerebral Adquirido. Un ano máis Sarela, como o resto de entidades do movemento asociativo do DCA, organiza actividades co obxectivo de celebrar este día pero sobre todo para poñer o foco nas dificultades que a día de hoxe teñen as persoas con DCA para acceder a unha rehabilitación axeitada, garantir a calidade de vida, procurar a súa inclusión social e apoiar ás familias.
Categorías: Sarela

Visita ao Parlamento de Galicia

Visita ao Parlamento de Galicia
Un grupo de persoas usuarias do noso centro, as súas familias e profesionais de Sarela foron recibidas polo seu presidente Miguel Ángel Santalices e coñeceron o funcionamento do Parlamento.
Categorías: Sarela

Manifesto do Día do Dano Cerebral | Pola normalización social das persoas que viven con DCA e as súas familias

Manifesto do Día do Dano Cerebral | Pola normalización social das persoas que viven con DCA e as súas familias
José Balboa, presidente de Sarela, foi o encargado de ler o manifesto dos colectivos vinculados ao dano cerebral adquirido con motivo da celebración do Día de Dano Cerebral. O acto celebrouse na Praza do Obradoiro nel participaron familiares de persoas afectadas por dano cerebral, representantes da corporación de Santiago encabezados polo Alcalde da cidade Martiño Noriega e o presidente de FEGADACE Luciano Fernández.
Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.