Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Sarela foi unha das entidades encargadas de liderar proxectos dentro da comunidade #conecta2xAccesibilidad impulsada pola Fundación Vodafone España. Unha iniciativa que desenvolveu 16 proxectos de transformación dixital que buscaron facer a vida máis fácil a persoas con discapacidade grazas ao uso das novas tecnoloxías.
Sarela e Agadea somos dúas asociacións amigas que traballamos no ámbito do dano cerebral e do Alzheimer respectivamente. Desde hai unhas semanas estamos a colaborar para que Isaías, un dos nosos socios con DCA, dinamice un grupo para xogar ao boccia no centro de día de Agadea. El vai como voluntario e para iso axúdase da aplicación Mefacilyta para o teléfono.
Majo Hermida, unha das nosas terapeutas ocupacionais, e Diego Veiga, usuario do SADOC (Servizo de atención diúrna ocupacional), explícannos en menos de 2 minutos a utilidade que el lle dá á aplicación #Mefacilyta á hora de facer deporte. Debido aos problemas de memoria, Diego utilízaa como apoio os días que vai adestrar ao pavillón da Pontepedriña.
Harry e Jesús, usuarios do Servizo de atención diúrna ocupacional (SADOC), xa están facendo labores de voluntariado grazas ao proxecto Les facilyta. Cunha aplicación informática que descargan no seu teléfono ou tableta fan actividades que antes non podían debido aos seus problemas de memoria.
Estamos a desenvolver os proxectos “Facilyta el movimiento” e “Les facilyta” conxuntamente con asociacións de Cataluña, Castela a Mancha, Sevilla e Burgos dentro da comunidade impulsada pola Fundación Vodafone. O primeiro busca fomentar a práctica do deporte e actividade física e o segundo a implicación en tarefas de voluntariado entre as persoas con DCA e na comunidade co apoio das novas tecnoloxías.
Os obxectivos para 2017 centraranse nos procesos de transformación dixital nas contornas de vida das persoas con discapacidade que favorezan a súa plena inclusión e participación na sociedade.
O proxecto Mefacilyta para DCA entrou nunha nova fase que comezou de forma oficial o pasado 24 de xaneiro na sé da Fundación Vodafone España. As asociacións de dano cerebral adquirido participarán por terceiro ano consecutivo neste proxecto que no seu primeiro ano supuxo realizar un labor de proba da aplicación Mefacilyta.
O proxecto desenvolve a app Mefacilyta con casos de uso que sexan referencia para o maior número posible de persoas con discapacidade