Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
FEGADACE e a Unidade de Odontoloxía para Pacientes con Necesidades Especiais, da Universidade de Santiago de Compostela,elaboraron tres vídeo-titoriais con indicacións sobre como debe ser o coidado diario da hixiene oral dunha persoa con dano cerebral sexa independente ou con dependencia (moderada ou severa).
O Congreso dos Deputados acolleu, con motivo do debate dunha proposición non de lei, a comparecencia de Yolanda Fonseca (presidenta da Asociación de Daño Cerebral Infantil Hiru Hamabi 3/12) e de Luciano Fernández (presidente de FEDACE e secretario de Sarela) para falar da situación do DCA en España e especificamente do que afecta a nenos e nenas.
Borja Fanjul, Director Xeral de Políticas de Apoio á Discapacidade do Ministerio de Sanidade, visitou esta mañá o centro de Sarela. A Xunta directiva da asociación tamén trasladou a preocupación ante o previsible cambio na xestión do 0’7% do IRPF destinado a fines sociais como consecuencia da recente sentencia do tribunal constitucional.
A Fundación Once elaborou xunto ao Fondo Social Europeo un estudo sobre dano cerebral e inserción laboral. O obxectivo do estudo foi establecer un diagnóstico da situación laboral das persoas con Dano Cerebral Adquirido, identificando barreiras e facilitadores, oportunidades de emprego e exemplos de boas prácticas.
O "Plan galego de atención ao ictus" incluirá o "Código ictus", o protocolo que busca a resposta sanitaria inmediata en caso de sufrilo.
Nos últimos trinta anos mudaron as causas e o a idade das persoas con dano cerebral adquirido
A sede da Asociación Sarela acolleu a xuntanza entre FEGADACE e o Conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela.