• servizos sarela 795x180

Noticias

Está vostede a visualizar 38 noticias coa etiqueta ictus

"Entro cun ictus, saio cun DCA"

"Entro cun ictus, saio cun DCA"
Ese é o lema da nova que lanzamos as entidades de FEDACE (Federación Española de Dano Cerebral) e coa que queremos cambiar o foco desde as causas ás secuelas cando falamos de DCA. Estas últimas, variadas e complexas, son as que determinarán o proceso de rehabilitación e, o que é máis importante, a vida da persoa e da súa familia.
Categorías: FEDACE , Ictus
Tags: FEDACE, ictus

O Clínico abrirá unha nova unidade de ictus con seis camas e máis ampla

O Clínico abrirá unha nova unidade de ictus con seis camas e máis ampla
Facilitará o traballo de profesionais sanitarios e a intimidade dos seus pacientes. Sarela considera que tamén é necesario crear unidades de dano cerebral que integren todas as especialidades implicadas na rehabilitación.
Categorías: Ictus
Tags: ictus

Dez factores de risco modificables son responsables do 90% dos ictus

Dez factores de risco que se poden modificar son responsables de nove de cada dez ictus en todo o mundo, aínda que a clasificación deses factores varía rexionalmente, segundo conclúe un estudo dirixido por investigadores da Universidade de McMaster, Ontario, Canadá. No estudo participaron 26.000 persoas de 32 países. O número de ictus reduciríase practicamente á metade (48%) se se eliminara a hipertensión
Categorías: Ictus
Tags: ictus

Sarela considera urxente crear unidades de dano cerebral para garantir unha rehabilitación inmediata, intensiva e integral

Sarela considera urxente crear unidades de dano cerebral para garantir unha rehabilitación inmediata, intensiva e integral
Sarela celebra a implantación en toda Galicia do Plan Ictus, que implica que en todo o país haxa unha resposta rápida ante un caso de ictus, pero queremos chamar a atención sobre algunhas das carencias existentes hoxe na atención ás persoas que, como resultado dun ictus, teñen como secuela un dano cerebral adquirido (DCA).
Categorías: Sarela , Ictus

En marcha o Plan Ictus

En marcha o Plan Ictus
Este novo plan do Servizo Galego de Saúde busca diminuír o tempo de resposta entre o inicio dos síntomas e a prestación de asistencia específica. Lembremos que cando detectemos algún dos seus síntomas, identificados polos tres “F”debemos chamar inmediatamente ao 061
Categorías: Ictus

A resposta rápida a un ictus estenderase a toda Galicia

A resposta rápida a un ictus estenderase a toda Galicia
O "Plan galego de atención ao ictus" incluirá o "Código ictus", o protocolo que busca a resposta sanitaria inmediata en caso de sufrilo.
Categorías: Ictus

Cambio no perfil das persoas con DCA

Cambio no perfil das persoas con DCA
Nos últimos trinta anos mudaron as causas e o a idade das persoas con dano cerebral adquirido

A máis contaminación máis probabilidade de padecer un ictus

A máis contaminación máis probabilidade de padecer un ictus
A contaminación e a mala calidade do aire afecta ao número de accidentes vasculares cerebrais segundo un estudo realizado en EEUU e China.
Categorías: Dano Cerebral Adqurido

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.