Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
O xoves 2 de marzo celebramos a nosa asemblea xeral ordinaria e á vez a asemblea extraordinaria para a elección de xunta directiva. O proceso comezará ás 18:30 horas en segunda convocatoria e previamente haberá un encontro con familias para trasladarlle diferente información do seu interese.
A Xunta directiva da asociación mantivo en días pasados a súa reunión mensual. Na reunión deste mes, e como paso previo á celebración da súa asemblea anual o vindeiro 2 de marzo, o órgano colexiado de dirección aprobou os orzamentos para 2017 e as contas do exercicio pasado.
En marzo finaliza o mandato da actual Xunta Directiva de Sarela e para dar cumprimento aos estatutos da entidade ábrese o proceso electoral para a súa elección. A convocatoria da Asemblea Xeral Extraordinaria está previsto que se celebre o día 2 de marzo.
O órgano de dirección fixou para o 2 de marzo a celebración da Xunta xeral ordinaria e aprobou poñer en marcha o proceso electoral para a súa renovación.
Como é habitual informamos dos acordos tomados e dos asuntos tratados polo órgano colexiado de dirección da asociación.
Como é habitual informamos dos acordos tomados e dos asuntos tratados polo órgano colexiado de dirección da asociación.