Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
As persoas asociadas, a xunta directiva, os voluntarios/as e as traballadoras/es que formamos Sarela queremos desexarvos unhas boas festas e unha boa entrada no novo ano.
Novo artigo da serie que elabora o equipo de profesionais de Sarela. Nesta ocasión, Xulio Abollo (responsable de comunicación en Sarela) reflexiona sobre a necesidade de dar a coñecer o dano cerebral adquirido en toda a súa complexidade.
Sarela foi unha das entidades encargadas de liderar proxectos dentro da comunidade #conecta2xAccesibilidad impulsada pola Fundación Vodafone España. Unha iniciativa que desenvolveu 16 proxectos de transformación dixital que buscaron facer a vida máis fácil a persoas con discapacidade grazas ao uso das novas tecnoloxías.
Sarela e Agadea somos dúas asociacións amigas que traballamos no ámbito do dano cerebral e do Alzheimer respectivamente. Desde hai unhas semanas estamos a colaborar para que Isaías, un dos nosos socios con DCA, dinamice un grupo para xogar ao boccia no centro de día de Agadea. El vai como voluntario e para iso axúdase da aplicación Mefacilyta para o teléfono.
Neste novo vídeo da actividade en piscina Majo Hermida, unha das nosas terapeutas ocupacionais, explícamos a sesión cunha persoa que traballa a disociación de movementos de brazos e pernas, a coordinación, o equilibrio ou o cambio rápido de posicións. O obxectivo é automatizar eses movementos para empregalos no seu día a día.
Vedra e Santa Comba foron os primeiros concellos da nosa área sanitaria nos que organizamos encontros para informar sobre as causas do dano cerebral adquirido, a súa prevención e recuperación. Con este traballo de divulgación, encadrado no Programa de información, orientación e apoio, continuamos co iniciado o ano pasado e no que as traballadoras sociais da asociación mantiveron 86 reunións con concellos, centros de saúde e hospitais.
Nesta ocasión explicamos o traballo que realiza unha persoa con DCA con problemas de mobilidade.
Novo artigo da serie que elabora o equipo de profesionais de Sarela. Nesta ocasión, Álvaro Suárez, Fátima Cabanas, Noelia Rosende e Susana Quintáns, que forman o grupo de auxiliares no noso centro, explícannos cales son as súas funcións no día a día.