Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
“Imaxinade que un día calquera de vós espertades nunha habitación descoñecida, rodeados dos vosos seres queridos e sen entender nada do que pasa ao redor. Intentas preguntar e ves que non podes dicir nada, diríxense a ti e non entendes, parece que che falan noutro idioma”. Así comeza o artigo de Vanessa Mantiñán, logopeda, que continúa coa serie de artigos que por especialidades estamos a publicar.
“Amar en tempo de Sarela” é a quinta obra creada integramente e representada polo seu grupo de teatro. Quen o desexe xa pode reservar as entradas (6 euros) pasando pola nosa sede ou chamando ao 981577037.
Majo Hermida, unha das nosas terapeutas ocupacionais, e Diego Veiga, usuario do SADOC (Servizo de atención diúrna ocupacional), explícannos en menos de 2 minutos a utilidade que el lle dá á aplicación #Mefacilyta á hora de facer deporte. Debido aos problemas de memoria, Diego utilízaa como apoio os días que vai adestrar ao pavillón da Pontepedriña.
Carlos Beade, usuario do SADT (Servizo de Atención Diúrna Terapéutica) entrevista a María López e Cristina Rivas, dúas estudantes que están facendo prácticas con nós, e que este mes publicamos no boletín Día a día realizado neste servizo.
Noelia Parente, unha das nosas educadoras sociais, é a responsable do SADOC (Servizo de Atención Diúrna Ocupacional) de Sarela. No xornal La Voz de Galicia contou o traballo que facemos nun servizo co que buscamos que as persoas con dano cerebral adquirido teñan a máxima autonomía e independencia. Transcribimos aquí a información.
Quinto artigo da serie que estamos a publicar por especialidades. As nosas educadoras socias fálannos de importancia de que as persoas con dano cerebral tomen conciencia dos seus dereitos, capacidades e intereses e comecen a defendelos, a decidir sobre a súa vida e a participar na sociedade en igualdade de condicións. Tamén afrontan o papel da familia, que deben asumir e axudar a que esa persoa encontre o equilibrio entre o que era e o que é.
O presidente da asociación, José Balboa, recolleu o diploma outorgado por este centro como recoñecemento ás boas prácticas desenvolvidas en relación á información e prevención do dano cerebral adquirido. O encargado de entregar o diploma foi Juan Sánchez Castro, xefe de servizo do centro.