Novas

Subscríbete ao noso boletín

Recibe novas no teu email

  • O sábado 15 de setembro usuarios e profesionais do SADT (Servizo de Atención Diúrna Terapéutica) desfrutaron dun magnífico día de lecer en Goián, unha parroquia do Concello de Tomiño. Fixeron unha ruta polo río Miño grazas á adaptación do embarcadoiro e á iniciativa do Club Deportivo Amarras para adquirir dúas lanchas que permiten o acceso e navegación segura a persoas con cadeira de rodas. Esta xornada de lecer foi posible grazas á colaboración de FEGADACE.

    Ler máis
    18/09/2018
  • Rocío García, directora de Sarela, no centro de imaxe durante a súa intervención nas xornadas.

    Sarela participou nas xornadas “Coidando ás persoas: regreso ao traballo tras unha baixa de longa duración” para explicar os condicionantes que marcan a reincorporación das persoas con dano cerebral adquirido ao mundo laboral. Rocío García, directora de Sarela, deu as claves para entendelas.

    Ler máis
    20/07/2018
  • Como cada ano, chegada esta época a representación do noso grupo de teatro foi un momento para a convivencia dos amigos e amigas de Sarela. Esa tarde puidemos ver o traballo de meses que recaeu sobre todo nas actuais persoas usuarias dos nosos servizos ou que o foron nalgún momento.

    Ler máis
    17/07/2018
  • O grupo de teatro de Sarela volve o venres 6 de xullo ás 19:30 h. ao Auditorio de Galicia para a estrea da súa última creación, “Neflis Sarela”. Esta será a sexta obra creada e interpretada por persoas usuarias dos nosos servizos, familiares, persoas voluntarias e profesionais da asociación.

    Ler máis
    31/05/2018
  • Xa temos colgada na web a memoria das actividades que realizamos o ano pasado e que previamente á súa publicación foi aprobada na asemblea xeral da asociación. É un resumo áxil do que fixemos en 2017 e poderás atopar a información dividida polos distintos servizos de Sarela así como outras informacións referidas á nosa vida asociativa e institucional.

    Ler máis
    10/04/2018
  • Será ás 17:45 h. na sede da asociación.

    Ler máis
    12/03/2018
  • O encontro en Outes será o xoves 22 ás 18:30 horas no centro de Saúde e no Pino o venres 23 ás 18 horas no Centro Sociocultural Luís Seoane de Arca. Xa en marzo, en Arzúa estaremos o venres 9 ás 12 horas da mañá na Capela da Madanela. Nesta última cita a xente interesada deberá inscribirse previamente no Departamento de Servizos Socias situados na Casa do Concello.

    Ler máis
    16/02/2018
  • O venres 2 de febreiro estaremos no Concello de Negreira con dous actos informativos que organizamos como parte do noso traballo de información sobre o Dano Cerebral Adquirido entre a poboación da área sanitaria de Compostela.

    Ler máis
    01/02/2018

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información