Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Estamos a poñer un marcha un proxecto, conxuntamente con Fegadace e a Obra Social “La Caixa”, para que persoas con máis de 65 anos colaboren con nós como voluntarias. É unha oportunidade de coñecer o traballo de Sarela e establecer novas relacións con outras persoas.
As secuelas do DCA son diferentes, heteroxéneas e xeran distintos tipos e niveis de discapacidade segundo a persoa e a lesión. FEGADACE e as asociacións galegas que a conformamos vimos de facer un vídeo para explicalas e destacar a importancia dunha rehabilitación especializada.
Onte celebramos a inauguración da exposición na sala Campus Stellae, na Praza da Quintana, que se pode visitar de luns a venres en horario de 9 a 20 horas.
Este traballo quere amosar a realidade das persoas con dano cerebral adquirido. Tamén se vai estrear unha curtametraxe co mesmo título. Será o martes 20 ás 19 horas na Sala de exposicións Campus Stellae.