Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Sarela participou nas xornadas “Coidando ás persoas: regreso ao traballo tras unha baixa de longa duración” para explicar os condicionantes que marcan a reincorporación das persoas con dano cerebral adquirido ao mundo laboral. Rocío García, directora de Sarela, deu as claves para entendelas.
A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) decidiu entregar o 6º Premio FEGADACE – Miguel Blanco ao Instituto Universitario de Integración na Comunidade (INICO), da Universidade de Salamanca, polo seu compromiso coa “mellora da calidade de vida e autodeterminación das persoas con dano cerebral adquirido (DCA) ao longo de todo o seu ciclo vital”.
Como cada ano, chegada esta época a representación do noso grupo de teatro foi un momento para a convivencia dos amigos e amigas de Sarela. Esa tarde puidemos ver o traballo de meses que recaeu sobre todo nas actuais persoas usuarias dos nosos servizos ou que o foron nalgún momento.
Hai 15 días hábiles desde a data de publicación no boletín oficial da provincia o xoves 28 de xuño. As axudas procuran facilitar o uso do servizo de taxi como medio alternativo para as persoas con dificultades de mobilidade, sexa por ter unha discapacidade ou por ser persoas maiores residentes no rural do municipio.