Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
O 78% das persoas consultadas a través dun estudo sobre os recursos de atención ao ictus manifestaron que o descoñecemento ou falta de información foi o principal obstáculo que se atoparon para acceder aos medios de rehabilitación. O 31% sinalan tamén a dificultade dos trámites burocráticos e un 13% as barreiras económicas, constatando a ausencia de coordinación entre os servizos sanitarios e os do ámbito social.
Esta mañá, con motivo da celebración do Día do Dano Cerebral, organizamos unha marcha en Santiago para dar visibilidade ao colectivo. Rematou na Praza do Obradoiro onde persoas con dano cerebral e familiares leron o manifesto reivindicativo.O movemento asociativo do DCA reclama no seu manifesto medidas para garantir a continuidade asistencial unha vez estas persoas con DCA saen do hospital e evitar o desamparo.
Un ano máis, e van doce, Sarela celebra o venres 26 de outubro o Día do Dano Cerebral. O acto principal será a andaina que faremos desde a Alameda até a praza do Obradoiro onde leremos o manifesto no que recollemos o sentir e reivindicacións do movemento asociativo. Tamén teremos mesas informativas e outras accións de visibilización. Entra na noticia para ter máis detalles.
Profesionais e entidades teñen o 22 e 23 de novembro en Madrid no IV Congreso Nacional de Dano Cerebral Adquirido unha cita ineludible. O programa abrangue enfoques do dano cerebral desde o dereito, emprego, novas tecnoloxías aplicadas á rehabilitación, investigación, modelos de atención, sexualidade, perspectiva de xénero, a familia, etc.