Novas

Subscríbete ao noso boletín

Recibe novas no teu email

  • O sábado 10 de novembro ás 18:30 h. no Auditorio de Galicia a RFG dará un concerto familiar xunto á compañía de monicreques Per Poc para dar visibilidade ao proxecto que Sarela representa.

    Ler máis
    06/11/2018
  • O Día do Ictus instalamos unha mesa informativa no CHUS.

    O 78% das persoas consultadas a través dun estudo sobre os recursos de atención ao ictus manifestaron que o descoñecemento ou falta de información foi o principal obstáculo que se atoparon para acceder aos medios de rehabilitación. O 31% sinalan tamén a dificultade dos trámites burocráticos e un 13% as barreiras económicas, constatando a ausencia de coordinación entre os servizos sanitarios e os do ámbito social.

    Ler máis
    30/10/2018
  • Foto ao remate da marcha facendo o xesto do DCA

    Esta mañá, con motivo da celebración do Día do Dano Cerebral, organizamos unha marcha en Santiago para dar visibilidade ao colectivo. Rematou na Praza do Obradoiro onde persoas con dano cerebral e familiares leron o manifesto reivindicativo.O movemento asociativo do DCA reclama no seu manifesto medidas para garantir a continuidade asistencial unha vez estas persoas con DCA saen do hospital e evitar o desamparo.

    Ler máis
    26/10/2018
  • Un ano máis, e van doce, Sarela celebra o venres 26 de outubro o Día do Dano Cerebral. O acto principal será a andaina que faremos desde a Alameda até a praza do Obradoiro onde leremos o manifesto no que recollemos o sentir e reivindicacións do movemento asociativo. Tamén teremos mesas informativas e outras accións de visibilización. Entra na noticia para ter máis detalles.

    Ler máis
    19/10/2018
  • Profesionais e entidades teñen o 22 e 23 de novembro en Madrid no IV Congreso Nacional de Dano Cerebral Adquirido unha cita ineludible. O programa abrangue enfoques do dano cerebral desde o dereito, emprego, novas tecnoloxías aplicadas á rehabilitación, investigación, modelos de atención, sexualidade, perspectiva de xénero, a familia, etc.

    Ler máis
    15/10/2018
  • Diferenzas entre ansiedade e estrés. A relación entre este e a aparición de enfermidades. Os síntomas para detectalo e o caso concreto das persoas coidadoras. Recomendacións para previlo e técnicas para manexalo. Este é parte do contido do artigo de Junquera Nova e Noelia Ouro, psicólogas en Sarela, sobre o estrés co foco dos coidadores e coidadoras de persoas con dano cerebral adquirido.

    Ler máis
    28/09/2018
  • O sábado 15 de setembro usuarios e profesionais do SADT (Servizo de Atención Diúrna Terapéutica) desfrutaron dun magnífico día de lecer en Goián, unha parroquia do Concello de Tomiño. Fixeron unha ruta polo río Miño grazas á adaptación do embarcadoiro e á iniciativa do Club Deportivo Amarras para adquirir dúas lanchas que permiten o acceso e navegación segura a persoas con cadeira de rodas. Esta xornada de lecer foi posible grazas á colaboración de FEGADACE.

    Ler máis
    18/09/2018
  • Celebrarase o sábado 29 de setembro na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela. A inscrición é gratuíta e pode facerse a través da páxina web de FEGADACE.

    Ler máis
    30/08/2018

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información