Novas

Subscríbete ao noso boletín

Recibe novas no teu email

  • Rocío García, directora de Sarela, no centro de imaxe durante a súa intervención nas xornadas.

    Sarela participou nas xornadas “Coidando ás persoas: regreso ao traballo tras unha baixa de longa duración” para explicar os condicionantes que marcan a reincorporación das persoas con dano cerebral adquirido ao mundo laboral. Rocío García, directora de Sarela, deu as claves para entendelas.

    Ler máis
    20/07/2018
  • A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) decidiu entregar o 6º Premio FEGADACE – Miguel Blanco ao Instituto Universitario de Integración na Comunidade (INICO), da Universidade de Salamanca, polo seu compromiso coa “mellora da calidade de vida e autodeterminación das persoas con dano cerebral adquirido (DCA) ao longo de todo o seu ciclo vital”.

    Ler máis
    20/07/2018
  • Como cada ano, chegada esta época a representación do noso grupo de teatro foi un momento para a convivencia dos amigos e amigas de Sarela. Esa tarde puidemos ver o traballo de meses que recaeu sobre todo nas actuais persoas usuarias dos nosos servizos ou que o foron nalgún momento.

    Ler máis
    17/07/2018
  • Hai 15 días hábiles desde a data de publicación no boletín oficial da provincia o xoves 28 de xuño. As axudas procuran facilitar o uso do servizo de taxi como medio alternativo para as persoas con dificultades de mobilidade, sexa por ter unha discapacidade ou por ser persoas maiores residentes no rural do municipio.

    Ler máis
    02/07/2018
  • Ese é o lema da nova que lanzamos as entidades de FEDACE (Federación Española de Dano Cerebral) e coa que queremos cambiar o foco desde as causas ás secuelas cando falamos de DCA. Estas últimas, variadas e complexas, son as que determinarán o proceso de rehabilitación e, o que é máis importante, a vida da persoa e da súa familia.

    Ler máis
    11/06/2018
  • O grupo de teatro de Sarela volve o venres 6 de xullo ás 19:30 h. ao Auditorio de Galicia para a estrea da súa última creación, “Neflis Sarela”. Esta será a sexta obra creada e interpretada por persoas usuarias dos nosos servizos, familiares, persoas voluntarias e profesionais da asociación.

    Ler máis
    31/05/2018
  • Xa temos colgada na web a memoria das actividades que realizamos o ano pasado e que previamente á súa publicación foi aprobada na asemblea xeral da asociación. É un resumo áxil do que fixemos en 2017 e poderás atopar a información dividida polos distintos servizos de Sarela así como outras informacións referidas á nosa vida asociativa e institucional.

    Ler máis
    10/04/2018
  • Momento do acto na Praza do Obradoiro

    Máis de 400 persoas de distintas entidades sociais de Galicia debuxamos na Praza do Obradoiro unha gran X solidaria para presentar a campaña que anima á cidadanía a marcar o recadro106 na súa declaración da renta para destinar a fins sociais parte do que aportan aos recursos públicos.

    Ler máis
    05/04/2018

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información