Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
O encontro en Outes será o xoves 22 ás 18:30 horas no centro de Saúde e no Pino o venres 23 ás 18 horas no Centro Sociocultural Luís Seoane de Arca. Xa en marzo, en Arzúa estaremos o venres 9 ás 12 horas da mañá na Capela da Madanela. Nesta última cita a xente interesada deberá inscribirse previamente no Departamento de Servizos Socias situados na Casa do Concello.
O venres 2 de febreiro estaremos no Concello de Negreira con dous actos informativos que organizamos como parte do noso traballo de información sobre o Dano Cerebral Adquirido entre a poboación da área sanitaria de Compostela.
Onte a Xunta directiva de Sarela celebrou a súa primeira reunión ordinaria do ano. Nesta ocasión o órgano de dirección traballou sobre o programa de actividades a desenvolver en 2018 e en asuntos de xestión como son a execución e planificación orzamentaria. Tamén se aprobou o novo mapa de procesos de calidade dos servizos de Sarela e comezouse a preparar a asemblea xeral de socios/as deste ano.
Padrón e Negreira son os concellos da área sanitaria de Santiago aos que nos achegaremos nos próximos días para informar sobre o dano cerebral adquirido. O venres 19 estaremos en Padrón nun encontro aberto ao público e o venres 2 de febreiro en Negreira tamén nun acto aberto e noutro destinado a profesionais do servizo de axuda no fogar.
Xa temos para a súa descarga o último número do boletín Facendo Camiño e no que adoitamos facer unha exposición dos asuntos máis importantes da asociación.