Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
O sábado 10 de novembro o Auditorio de Galicia acolleu un concerto familiar da Real Filharmonía de Galicia que quería servir tamén para dar visibilidade a Sarela e ao dano cerebral adquirido. Esa tarde a sala Mozart do Auditorio encheuse con mil persoas entre nenos e maiores que puideron escoitar as explicacións que José Balboa, presidente da asociación, deu sobre a entidade e o dca.
Esta mañá, con motivo da celebración do Día do Dano Cerebral, organizamos unha marcha en Santiago para dar visibilidade ao colectivo. Rematou na Praza do Obradoiro onde persoas con dano cerebral e familiares leron o manifesto reivindicativo.O movemento asociativo do DCA reclama no seu manifesto medidas para garantir a continuidade asistencial unha vez estas persoas con DCA saen do hospital e evitar o desamparo.
Un ano máis, e van doce, Sarela celebra o venres 26 de outubro o Día do Dano Cerebral. O acto principal será a andaina que faremos desde a Alameda até a praza do Obradoiro onde leremos o manifesto no que recollemos o sentir e reivindicacións do movemento asociativo. Tamén teremos mesas informativas e outras accións de visibilización. Entra na noticia para ter máis detalles.