• servizos sarela 795x180

Noticias

Está vostede a visualizar 29 noticias para 2019

Afrontar o día a día como coidadores/as de persoas con dano cerebral adquirido

Afrontar o día a día como coidadores/as de persoas con dano cerebral adquirido
Neste artigo un grupo de familiares de persoas con DCA que asisten ao centro de día reflexionan sobre a súa condición de coidadores/as e falan da súa experiencia no grupo de apoio no que participaron durante case dous anos.
Categorías: Familias

A I Festa do Squash será a favor de Sarela

A I Festa do Squash será a favor de Sarela
O próximo venres 12 de xullo celebrarase nas instalacións do Squash Club Santiago no Milladoiro a I Festa do Squash. Nela estarán xogadores e ex-xogadores de moitos clubs galegos e tamén socios e antigos socios do Squash Santiago. A metade do recadado no evento doarase a Sarela.
Categorías: Sarela

Os mellores momentos de Sarela 211

Os mellores momentos de Sarela 211
Deixamos algunhas das imaxes da representación de Sarela 211, a última obra do noso grupo de teatro. O venres no Auditorio vivimos, coma sempre en cada estrea, momentos moi especiais que demostran que, se queres e che gusta, non tes que renunciar a participar do teatro. Cada persoa, maior ou pequena, que subiu ao escenario tiña as súas secuelas, o seu #DanoCerebralAdquirido, e con apoio e adestramento fixo un gran traballo.
Categorías: Sarela
Tags: Teatro

E Jon Karla chegou ao Obradoiro!

E Jon Karla chegou ao Obradoiro!
Un momento moi especial, no que as emocións apareceron con tan só asomar polo arco do pazo de Xelmírez. El e Jorge atopáronse no Obradoiro, catro meses de 2.723 quilómetros despois, coa familia, cos amigos de Atece-Araba (Asociación de Daño Cerebral de Álava)cos de Sarela.
Categorías: Sarela

Todo preparado para a estrea de "Sarela 211", a nova obra do noso grupo de teatro

Todo preparado para a estrea de "Sarela 211", a nova obra do noso grupo de teatro
O Auditorio de Galicia é o escenario no que o grupo de teatro de Sarela estreará “Sarela 211” o venres 28 de xuño a partir das 19:30 horas da tarde. Máis de vinte persoas entre usuarios/as dos nosos servizos, familiares e profesionais pasarán polas táboas da sala Mozart para interpretar a que xa o sétimo texto creado polo grupo de teatro de Sarela.
Categorías: Sarela
Tags: Teatro

Respostas ao Dano Cerebral en Radio Estrada 107.7

Respostas ao Dano Cerebral en Radio Estrada 107.7
Desde o mes de xuño, Sarela e Radio Estrada 107.7 colaboran para, a través de entrevistas con profesionais da entidade, dar información sobre temas xerais e outros específicos sobre DCA. É no programa A Galería 2.0, presentado por Fran Balado, todos os mércores ás 10:30 horas. A colaboración con Radio Estrada xorde á vez que Sarela puxo en marcha, en colaboración co Centro de Saúde da vila, un punto de información especializada na vila e que abre todos os venres de 10 a 13 horas.

Participa no recibimento de Jon Karla no Obradoiro

Participa no recibimento de Jon Karla no Obradoiro
Jon Karla Bilbao é socio de Atece-Araba (Asociación de Dano Cerebral Adquirido de Álava) e xunto con Jorge chegarán á Praza do Obradoiro ás 11:30 deste sábado, 22 de xuño, logo de completar o Camiño de Santiago desde Roma. Foron máis de cen días de peregrinación para completar 2.723 quilómetros. O obxectivo de Jon Karla, cando comezou a camiñada, era o de dar visibilidade ao DCA e axudar á asociación Atece.
Categorías: Dano Cerebral Adqurido

Próximas charlas sobre Dano Cerebral Adquirido

Próximas charlas sobre Dano Cerebral Adquirido
O traballo de divulgación de Sarela segue a ser moi intenso nestes meses. As próximas charlas que temos en axenda serán o luns 17 de maio en Brión para falar da prevención do DCA no deporte e o venres 21 en Arnois (A Estrada).
Categorías: Prevención

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.