Novas

  • Compostela Solidaria é unha das moitas entidades sen ánimo de lucro que enriquecen a nosa cidade e que ten a particularidade que está integrada por persoas xubiladas. Unha das actividades que organizan ao longo do ano é o concerto solidario que reúne a varios grupos de música e cuxa recadación é destinada a outra entidade social. A boa noticia para Sarela é que este ano Compostela Solidaria doará a Sarela os cartos das entradas do concerto que se celebrará o 29 de decembro no auditorio Colexio La Salle.

    Ler máis
    14/11/2019
  • Un momento da coloquio no Servizo de atención diúrna terapéutica - Imaxe: Xunta de Galicia

    Nos vindeiros días o centro de día de Sarela sumará 6 novas prazas públicas ás 23 actuais grazas á nova achega da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Deste xeito, das 40 prazas autorizadas neste servizo especializado en dano cerebral adquirido 29 estarán cubertas pola administración autonómica. A conselleira Fabiola García visitou hoxe Sarela para coñecer de primera man todos os servizos e programas da asociación.

    Ler máis
  • Esta mañá, con motivo da celebración do Día do Dano Cerebral, Sarela organizou unha marcha en Santiago para dar visibilidade ao colectivo. Persoas con DCA, familiares, representantes dos grupos municipais e veciños/as de Santiago participaron na marcha que rematou na Praza do Obradoiro onde persoas con dano cerebral e familiares leron o manifesto reivindicativo.

    Ler máis
  • Cinco son as reclamacións que o movemento asociativo fai no manifesto do Día do Dano Cerebral: coñecer a dimensión desta discapacidade facendo un censo; crear a categoría diagnóstica "DCA" para dispor de recursos especializados de atención ao saír do hospital; pór en marcha unha estratexia nacional de atención; incluír á familia como parte substancial da atención e, por último, prestar atención especial ao DCA infantil e ás persoas con trastorno de conduta e ás que teñen DCA severo.

    Ler máis
  • Sarela e o resto de entidades do movemento asociativo do DCA celebran, un ano máis, o venres 26 de outubro o Día do Dano Cerebral e, a semana seguinte, o 29 o Día do Ictus. O acto principal será a andaina que faremos desde a Alameda até a praza do Obradoiro onde leremos o manifesto no que recollemos o sentir e reivindicacións do movemento asociativo. Tamén teremos mesas informativas e outras accións de visibilización. Entra na noticia para ter máis detalles.

    Ler máis
  • Será o martes 22 de outubro no Hospital Clínica de Santiago e a inscrición vía internet xa está aberta. Estará impartido por Ana Ruiz, terapeuta ocupacional en Sarela.

    Ler máis
    13/09/2019
  • Á presentación do espazo asociativo asistiu o director xeral de asistencia sanitaria da Consellería de Sanidade, Jorge Aboal, a xerente da XXIS, Eloína Núñez Masid, e membros de asociación de doentes da área compostelá.

    A Xerencia da Xestión Integrada de Santiago presentou a diferentes entidades da área sanitaria o que será o novo Espazo de Uso Asociativo de Pacientes e que ven substituír o xa existente e permitirá usos que até o de agora non eran posibles. Sarela é unha das entidades que emprega este espazo como punto de información para familias.

    Ler máis
    02/08/2019
  • Fundación bancaria “La Caixa” financia este proxecto de Sarela para prestar o servizo de información e atención de traballo social e psicoloxía a persoas e familias con dano cerebral adquirido.

    Ler máis

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información