Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Obrigadas a construír novos proxectos de vida, as persoas con DCA e as familias cren necesarias medidas e espazos para a inclusión social. Unha, e reiterada ano tras ano, é a creación dunha Estratexia de Atención ao Dano Cerebral Adquirido, consistente en garantir unha atención individualizada e continuada no tempo para buscar a mellor calidade de vida.
A educadora social Noelia Parente é a coordinadora do Servizo de Atención Diúrna Ocupacional e orientadora laboral de Sarela. Recentemente participou na elaboración da primeira guía metodolóxica para a inclusión sociolaboral para persoas con dano cerebral adquirido xunto a outras entidades federadas en FEDACE. Ela explícanos o método de traballo que se deriva deste traballo así como é a situación que deben afrontar as persoas con DCA para reincorporarse a unha actividade.
Recentemente botou a andar Escola, un proxecto de publicidade a nivel local que pon en relación a empresas, entidades sociais e cidadanía. A idea é sinxela. Partindo de campañas de promocións con descontos ou outras fórmulas, os establecementos adheridos teñen publicidade e fomentan a colaboración dos seus clientes con asociacións como Sarela.