Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
María Maceira está a realizar en Sarela as prácticas correspondentes ao último ano do Grao de Nutrición e Dietética da Universidade de Santiago. No tempo que leva no centro de día ten tirado conclusións interesantes sobre a correcta alimentación das persoas usuarias e nas vindeiras semanas dará charlas no noso centro sobre nutrición e alimentación nas persoas con disfaxia.
Os días 25 e 27 de marzo organizamos un taller sobre disfaxia (problemas para tragar) no que daremos pautas sobre nutrición equilibrada e a formación básica para garantir a seguridade á hora de comer. Tamén falaremos da necesidade de crear adaptacións de menús apetitosas dando alternativas á típica comida triturada.
Non son novas as análises críticas de entidade como Cermi (Comité español de representantes de persoas con discacapacidade), a través da Fundación Cermi Mujeres, da situación e das políticas públicas do Estado español en materia de discapacidade e igualdade de xénero. Algunha das medidas reclamadas e dos datos que achegan falan claramente da discriminación múltiple e interseccional que sofren as mulleres e nenas con discapacidade.