• servizos sarela 795x180

Noticias

Está vostede a visualizar 5 noticias para June 2019

Respostas ao Dano Cerebral en Radio Estrada 107.7

Respostas ao Dano Cerebral en Radio Estrada 107.7
Desde o mes de xuño, Sarela e Radio Estrada 107.7 colaboran para, a través de entrevistas con profesionais da entidade, dar información sobre temas xerais e outros específicos sobre DCA. É no programa A Galería 2.0, presentado por Fran Balado, todos os mércores ás 10:30 horas. A colaboración con Radio Estrada xorde á vez que Sarela puxo en marcha, en colaboración co Centro de Saúde da vila, un punto de información especializada na vila e que abre todos os venres de 10 a 13 horas.

Participa no recibimento de Jon Karla no Obradoiro

Participa no recibimento de Jon Karla no Obradoiro
on Karla Bilbao é socio de Atece-Araba (Asociación de Dano Cerebral Adquirido de Álava) e xunto con Jorge chegarán á Praza do Obradoiro ás 11:30 deste sábado, 22 de xuño, logo de completar o Camiño de Santiago desde Roma. Foron máis de cen días de peregrinación para completar 2.723 quilómetros. O obxectivo de Jon Karla, cando comezou a camiñada, era o de dar visibilidade ao DCA e axudar á asociación Atece.
Categorías: Dano Cerebral Adqurido

Próximas charlas sobre Dano Cerebral Adquirido

Próximas charlas sobre Dano Cerebral Adquirido
O traballo de divulgación de Sarela segue a ser moi intenso nestes meses. As próximas charlas que temos en axenda serán o luns 17 de maio en Brión para falar da prevención do DCA no deporte e o venres 21 en Arnois (A Estrada).
Categorías: Prevención

Actualización da Guía de Axudas Sociais e Servizos para as Familias do Ministerio de Sanidade.

Actualización da Guía de Axudas Sociais e Servizos para as Familias do Ministerio de Sanidade.
O Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social publicou a actualización, que realiza anualmente, da Guía de Axudas Sociais e Servizos para as Familias co obxectivo de facilitar información ás persoas que teñen responsabilidades familiares sobre as prestacións, beneficios e servizos que teñen á súa disposición no ámbito da Administración do Estado.
Categorías: Familias
Tags: familias, guía

"Sarela 211", a nova obra do noso grupo de teatro

"Sarela 211", a nova obra do noso grupo de teatro
O Auditorio de Galicia é o escenario no que o grupo de teatro de Sarela estreará “Sarela 211” o venres 28 de xuño a partir das 19:30 horas da tarde. Máis de vinte persoas entre usuarios/as dos nosos servizos, familiares e profesionais pasarán polas táboas da sala Mozart para interpretar a que xa o sétimo texto creado polo grupo de teatro de Sarela.
Categorías: Sarela
Tags: Teatro

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.