Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Segundo o estudo “A situación das mulleres con dano cerebral adquirido en España”, da Federación Española de Dano Cerebral (FEDACE), que está financiado polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, e que forma parte do Observatorio de Dano Cerebral de FEDACE.
Fundación bancaria “La Caixa” financia este proxecto de Sarela para prestar o servizo de información e atención de traballo social e psicoloxía a persoas e familias con dano cerebral adquirido.
O convenio encádrase na convocatoria de “Promoción da autonomía persoal e atención ao envellecemento, a discapacidade e a enfermidade 2019” e contribuirá a contunuar coa atención de traballo social e psicoloxía a familias e persoas con dano cerebral adquirido que realiza a asociación.
Neste artigo un grupo de familiares de persoas con DCA que asisten ao centro de día reflexionan sobre a súa condición de coidadores/as e falan da súa experiencia no grupo de apoio no que participaron durante case dous anos.
O próximo venres 12 de xullo celebrarase nas instalacións do Squash Club Santiago no Milladoiro a I Festa do Squash. Nela estarán xogadores e ex-xogadores de moitos clubs galegos e tamén socios e antigos socios do Squash Santiago. A metade do recadado no evento doarase a Sarela.
Deixamos algunhas das imaxes da representación de Sarela 211, a última obra do noso grupo de teatro. O venres no Auditorio vivimos, coma sempre en cada estrea, momentos moi especiais que demostran que, se queres e che gusta, non tes que renunciar a participar do teatro. Cada persoa, maior ou pequena, que subiu ao escenario tiña as súas secuelas, o seu #DanoCerebralAdquirido, e con apoio e adestramento fixo un gran traballo.