Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
As entidades sociais de Santiago e a cidadanía están convocadas a participar no acto “Baixo o mesmo paraugas. Galicia pola diversidade” que se celebrará ás 12:00 na Praza do Obradoiro. O acto, que foi presentado hoxe, conta co apoio do Concello de Santiago e busca a implicación de toda a cidadanía.
Un ano máis, a Fundación Cermi Mujeres fai público o manifesto con motivo do 25N. O Cermi (Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade) engloba a todas as entidades sociais da discpacidade en España.
En Santiago o acto do día 3 de decembro será na Praza do Obradoiro ás 12:00 da mañá e está impulsado por Down Compostela, Fegadace (Federación Galega de Dano Cerebral), Aspamite (Asoc. de Pais de Persoas con Diversidade funcional de Teo) , Aspanaes (Asoc. de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista), Acem (Asoc. Compostelá de Esclerose Múltiple), Fegadem (Federación Galega de Esclerose Múltiple) e Sarela.
Compostela Solidaria é unha das moitas entidades sen ánimo de lucro que enriquecen a nosa cidade e que ten a particularidade que está integrada por persoas xubiladas. Unha das actividades que organizan ao longo do ano é o concerto solidario que reúne a varios grupos de música e cuxa recadación é destinada a outra entidade social. A boa noticia para Sarela é que este ano Compostela Solidaria doará a Sarela os cartos das entradas do concerto que se celebrará o 29 de decembro no auditorio Colexio La Salle.
Nos vindeiros días o centro de día de Sarela sumará 6 novas prazas públicas ás 23 actuais grazas á nova achega da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Deste xeito, das 40 prazas autorizadas neste servizo especializado en dano cerebral adquirido 29 estarán cubertas pola administración autonómica. A conselleira Fabiola García visitou hoxe Sarela para coñecer de primera man todos os servizos e programas da asociación.