Novas

  • Un momento da coloquio no Servizo de atención diúrna terapéutica - Imaxe: Xunta de Galicia

    Nos vindeiros días o centro de día de Sarela sumará 6 novas prazas públicas ás 23 actuais grazas á nova achega da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Deste xeito, das 40 prazas autorizadas neste servizo especializado en dano cerebral adquirido 29 estarán cubertas pola administración autonómica. A conselleira Fabiola García visitou hoxe Sarela para coñecer de primera man todos os servizos e programas da asociación.

    Ler máis
  • Mesa informativa no Hospital Clínico de Santiago

    Sarela celebrou onte, 29 de outubro, o Día Mundial do Ictus centrándose na información e sensibilización sobre a que é primeira causa de dano cerebral. O Hospital Clínico de Santiago, o Hospital da Barbanza (Ribeira) e os centros de saúde da Estrada e Arzúa acolleron senllas mesas informativas que foron atendidas por persoas socias e profesionais de Sarela. O ictus é a causa de case o 80% dos casos de dano cerebral en España, á súa vez primeira causa de discapacidade e dependencia.

    Ler máis
    30/10/2019
  • Esta mañá, con motivo da celebración do Día do Dano Cerebral, Sarela organizou unha marcha en Santiago para dar visibilidade ao colectivo. Persoas con DCA, familiares, representantes dos grupos municipais e veciños/as de Santiago participaron na marcha que rematou na Praza do Obradoiro onde persoas con dano cerebral e familiares leron o manifesto reivindicativo.

    Ler máis
  • Cinco son as reclamacións que o movemento asociativo fai no manifesto do Día do Dano Cerebral: coñecer a dimensión desta discapacidade facendo un censo; crear a categoría diagnóstica "DCA" para dispor de recursos especializados de atención ao saír do hospital; pór en marcha unha estratexia nacional de atención; incluír á familia como parte substancial da atención e, por último, prestar atención especial ao DCA infantil e ás persoas con trastorno de conduta e ás que teñen DCA severo.

    Ler máis
  • Chamar a atención da dimensión social do Dano Cerebral Adquirido (DCA), incidir na importancia da prevención, explicar a importancia da atención especializada ou falar dos dereitos das persoas e familias nesta situación, son algúns dos obxectivos que ten o ciclo de charlas que, durante os meses de outubro, novembro, decembro e xaneiro, desenvolverá Sarela en 17 centros socioculturais da cidade, barrios e parroquias de Santiago.

    Ler máis
  • FEGADACE organiza no mes de outubro un ciclo de cine sobre a discapacidade e a inclusión que traerá a Santiago tres películas nas que se aborda, desde diferentes puntos de vista, o dano cerebral adquirido. As cintas poderán verse no Auditorio Sede Afundación os días 16, 23 e 31 ás 19 horas.

    Ler máis
    05/10/2019
  • Sarela e o resto de entidades do movemento asociativo do DCA celebran, un ano máis, o venres 26 de outubro o Día do Dano Cerebral e, a semana seguinte, o 29 o Día do Ictus. O acto principal será a andaina que faremos desde a Alameda até a praza do Obradoiro onde leremos o manifesto no que recollemos o sentir e reivindicacións do movemento asociativo. Tamén teremos mesas informativas e outras accións de visibilización. Entra na noticia para ter máis detalles.

    Ler máis
  • A institución fixo público un estudo monográfico que analiza a situación da infancia e da adolescencia. Sarela participou, representada pola sús direcotora Rocío García (psicóloga-neuropsicóloga) nas reunións para a elaboración do mesmo.

    Ler máis

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información