• banner web aniversario2

Amosar por


Categorías

Noticias

Está vostede a visualizar 5 noticias para March 2020

COVID-19 | Permitidas expresamente as saídas terapéuticas de persoas con discapacidade

As persoas con discapacidade que non poden soportar o confinamento indefinido, derivado do estado de alarma, poderán realizar saídas terapéuticas tal como se deriva da instrución do BOE de hoxe.
Categorías: Sarela , Familias

Informe do CERMI sobre contidos de discapacidade da Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19

Informe do  CERMI sobre contidos de discapacidade da Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto  económico e social do  COVID-19
Dunha lectura rápida do citado Real Decreto Lei, a efectos das persoas con discapacidade e as súas familias, o CERMI extrae as seguintes medidas que benefician a este sector social, e que responden á demanda exposta polo CERMI aos poderes públicos en xeral e ao Goberno de España, en particular, de outorgar unha protección reforzada ás situacións de discapacidade nesta crise de saúde pública.

RECOMENDACIÓNS E ACOMPAÑAMENTO A FAMILIAS NO PERÍODO DE CONFINAMENTO POLO COVID-19

RECOMENDACIÓNS E ACOMPAÑAMENTO A FAMILIAS NO PERÍODO DE CONFINAMENTO POLO COVID-19
Dada a rapidez coa que se produciron os últimos acontecementos derivados do coronavirus, o equipo de profesionais de Sarela reuniu unha serie de recursos (vídeos, fotografías, enlace ...) para que as familias teñan unha referencia á hora de realizar os coidados e autocoidado: transferencias, exercicios físicos, Moito xa está na nosa web (https://www.sarela.org/axudas_confinamento) e irémolas ampliando e mellorando.
Categorías: Sarela , Familias

Día Internacional da Muller | Xornada “Mulleres con discapacidade ante a violencia. Estamos protexidas?”

Día Internacional da Muller | Xornada “Mulleres con discapacidade ante a violencia. Estamos protexidas?”
Con motivo da celebración o 8 de marzo do Día Internacional da Muller, a Comisión da Muller do CERMI Galicia organiza o martes 10 a xornada “Mulleres con discapacidade ante a violencia. Estamos protexidas?” na que abordar a situación das mulleres con discapacidade ante as distintas violencias machistas. Rocío García, directora de Sarela, participará, xunto con outras representantes de entidades do terceiro sector, na mesa redonda “Experiencias: mulleres con discapacidade ante a violencia”

Sarela agradece ao Colexio de Avogados de Santiago a concesión do XI Premio Dereitos Humanos

Sarela agradece ao Colexio de Avogados de Santiago a concesión do XI Premio Dereitos Humanos
O venres 28 de marzo, o presidente de Sarela, José Balboa, recolleu o XI Premio Dereitos Humanos concedido polo Colexio de Avogados de Santiago que recoñece o traballo da entidade a favor dos dereitos das persoas con dano cerebral e súas familias. No acto de entrega, celebrado no salón nobre de Fonseca con motivo da súa festividade anual no día de San Raimundo de Peñafort, José Balboa agradeceu a concesión do premio en nome de toda a base social de Sarela.
Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.