Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Como informamos o pasado día 16, a Xunta directiva de Sarela acordou non abrir o centro de día de Sarela até o 1 de setembro despois de analizar as necesidades das familias e os condicionamentos existentes. Sen embargo, as persoas usuarias deste servizo están a recibir as terapias individuais de rehabilitación e comezaron a desfrutar dun novo programa de saídas de lecer para recuperar o contacto persoal e familiarizarse, con experiencias reais, coas normas de seguridade sanitaria.
A Xunta directiva de Sarela acordou en reunión do luns 13 de xullo, xunto coa Dirección e o Equipo técnico, a reapertura do centro de día (Servizo de atención diúrna terapéutica) para o 1 de setembro, coincidindo co reinicio tamén do servizo de transporte coa mesma empresa que o viña prestando.
A Xunta de Galicia vén de anunciar que os centros de día e ocupacionais para persoas con discapacidade poderán prestar servizo a partir do 15 de xullo “sempre cumpran uns requisitos como é ter un protocolo específico de reactivación aprobado polos responsables da xestión da súa área sanitaria". Nesta información explicamos os condicionantes existentes para esa reapertura e o traballo realizado por Sarela.