Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Xa podes descargar na nosa web a memoria de actividades de 2019. Debido á situación extraordinaria que vivimos, esta memoria chega máis tarde que outros anos ao aprazarse ao mes de setembro a celebración da asemblea xeral de persoas socias, órgano ao que lle corresponde aprobala. Na memoria faise un balance da actividade xeral da entidade así como os datos e fitos máis destacados de cada servizo.
A Xunta de Galicia aprobou as medidas específicas a aplicar nos centros de día de cara á súa apertura nas zonas con restriccións. Marca normas en función do que denominan nivel de risco. Este mediodía Sarela soubo que Santiago está cualificado como risco alto e estase a traballar nese escenario. Prevemos que o noso servizo estea funcionando martes ou mércores da semana vindeira unha vez se comunique a nova situación ás familias e se active o servizo de transporte.
Ten unha contía de 3.199 euros que irá destinada ás sesións tanto individuais como grupais na piscina terapéutica de Sarela.
Sarela comunica que, atendendo ás medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 no concello de Santiago de Compostela decretadas pola Xunta de Galicia, o Servizo de Atención Diúrna Terapéutica permanecerá pechado até novo aviso.
Hoxe abriu, despois de case seis meses pechado, o Servizo de Atención Diúrna Terapéutica (SADT). Foi unha mañá de reencontros, de poñer en práctica o estrito protocolo de seguridade sanitaria do que se dotou Sarela e de comezar a avaliar o funcionamento do centro de día de cara aos próximos meses.