Novas

Subscríbete ao noso boletín

Recibe novas no teu email

  • Xa podes descargar na nosa web a memoria de actividades de 2019. Debido á situación extraordinaria que vivimos, esta memoria chega máis tarde que outros anos ao aprazarse ao mes de setembro a celebración da asemblea xeral de persoas socias, órgano ao que lle corresponde aprobala. Na memoria faise un balance da actividade xeral da entidade así como os datos e fitos máis destacados de cada servizo.

    Ler máis
    25/09/2020
  • A Xunta de Galicia aprobou as medidas específicas a aplicar nos centros de día de cara á súa apertura nas zonas con restriccións. Marca normas en función do que denominan nivel de risco. Este mediodía Sarela soubo que Santiago está cualificado como risco alto e estase a traballar nese escenario. Prevemos que o noso servizo estea funcionando martes ou mércores da semana vindeira unha vez se comunique a nova situación ás familias e se active o servizo de transporte.

    Ler máis
    18/09/2020
  • Momento da sinatura do convenio. Asinaron Xosé Sánchez Bugallo, alcalde, (primeiro pola dereita) e José Balboa, presidente de Sarela, (de frente).

    Ten unha contía de 3.199 euros que irá destinada ás sesións tanto individuais como grupais na piscina terapéutica de Sarela.

    Ler máis
    04/09/2020
  • Sarela comunica que, atendendo ás medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 no concello de Santiago de Compostela decretadas pola Xunta de Galicia, o Servizo de Atención Diúrna Terapéutica permanecerá pechado até novo aviso.

    Ler máis
    03/09/2020
  • Hoxe abriu, despois de case seis meses pechado, o Servizo de Atención Diúrna Terapéutica (SADT). Foi unha mañá de reencontros, de poñer en práctica o estrito protocolo de seguridade sanitaria do que se dotou Sarela e de comezar a avaliar o funcionamento do centro de día de cara aos próximos meses.

    Ler máis

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información