Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Concha Otero presentou onte o libro, editado por Hércules Edicións, coincidindo coa semana na que se celebra o Día do Dano Cerebral. Esta é unha obra que narra en primeira persoa a vivencia da familia da autora co DCA que sofre seu home Juan como consecuencia dun ictus.
Sarela celebrou un ano máis, e van catorce, a conmemoración do Día do Dano Cerebral. A situación tan excepcional pola que pasamos obrigou a cancelar non só as actividades que se realizaban os últimos anos senón tamén as planificadas pola celebración do 20 aniversario de Sarela. A nosa asociación non faltou á lectura do manifesto que cada ano recolle a visión e demandas do movemento asociativo do Estado.
Como todos os anos as entidades agrupadas en Fedace (Federación Española de Daño Cerebral) facemos público un manifesto con motivo do Día do Dano Cerebral coas principais demandas do movemento asociativo. Este ano, ao non poder facer a lectura pública na Praza do Obradoiro, fixemos un vídeo no que Miguel, María, Jose Ángel e Víctor, persoas usuariasdos servizos de Sarela, poñen voz ao Dano Cerebral.
A situación pola que pasamos obriga a suspender actividades que viñamos realizando nos últimos anos como era a camiñada por Santiago ou a nosa presenza con puntos informativos en diferentes concellos da área sanitaria. Pero Sarela celebrará a Día do DCA coa lectura do manifesto do movemento asociativo, a iluminación de edificios da cidade e presenza en medios.
O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou hoxe, 13 de outubro de 2020, a concesión a Sarela dunha axuda de 17.100 euros para desenvolver o programa de Atención e Rehabilitación do Dano Cerebral Adquirido. Grazas ao programa subvencionada Sarela proporcionará terapias de rehabilitación de psicoloxía/neuropsicoloxía, logopedia, terapia ocupacional e fisioterapia a persoas con dano cerebral adquirido.