Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) quere facer público o seu malestar polo sistema e pasos que o Servizo Galego de Saúde está a seguir na administración da vacina contra a COVID-19. FEGADACE tamén manifesta a súa preocupación pola vulnerabilidade fronte ao coronavirus tanto das profesionais que atenden ao colectivo de persoas con dano cerebral adquirido, como do propio colectivo de persoas con esta discapacidade, a meirande parte delas grandes dependentes (Grao III).
CERMI Galicia conmemora o Día da Muller traballadora con este encontro que se desenvolverá o 4 de marzo e no que varias mulleres con e sen discapacidade falarán da súa experiencia como coidadoras doutras persoas con e sen discapacidade. A socia de Sarela Ana Isabel Pedrosa participará no mesmo, que será online, en representación de Fegadace. Ampliando a noticia podes acceder ao programa desta xornada e á forma de acceso á mesma.
Hoxe celebramos que a colaboración que mantemos desde o mes de xuño de 2019 con Radio Estrada chegou ao seu programa número 50. Pronto faremos dous anos desde que Fran Campos comezara coas entrevistas semanais no seu programa A Galería 2.0 con motivo da apertura na Estrada dun punto de información sobre dano cerebral no centro de saúde.
FEGADACE e a Unidade de Odontoloxía para Pacientes con Necesidades Especiais, da Universidade de Santiago de Compostela,elaboraron tres vídeo-titoriais con indicacións sobre como debe ser o coidado diario da hixiene oral dunha persoa con dano cerebral sexa independente ou con dependencia (moderada ou severa).